Estas semanas, a partir do conto “Muníbal el
navegante”, estamos descubrindo e
valorando diferentes medios de comunicación e información.
Así, coñecemos que as persoas comunicámonos de
moitas formas: falando, escribindo, mediante xestos, movementos...
O traballo sistemático dos mass media,
permítenos corroborar que a principal forma de comunicarnos e expresarnos é a
través do corpo. A través do corpo expresamos emocións, de aí que de cando en
vez reservemos parte da xornada a mover o esquelete memorizando, cantando e
mimando cancións que favorecen a comunicación vital libre non estereotipada.
Sabiades que medios podemos empregar cando
nos queremos comunicar con alguén que está lonxe?... Cando nos queremos
comunicar con alguén que está lonxe, podemos utilizar o teléfono, o correo
postal e electrónico, a videochamada a través de APPs creadas para tal
efecto...
Ao tempo, tamén podemos acceder á información
a través de medios como a televisión, o xornal, a radio e mesmo Internet; de
feito, actualmente a maior rede de información e comunicación que utilizamos é
Internet.
Por outra banda, nun aula no que a
organización dos tempos e espazos favorece progresivamente a continuidade entre
Educación Infantil e Educación Primaria, non esquecemos o tempo de xogo libre
e/ou semidirixido nos rincóns.
Neste senso, combinamos distintos momentos ao longo de cada
xornada, pois nada ten que ver o ambiente cálido e acolledor que se crea no
momento do traballo obrigatorio individual no que o silencio e concentración
resultan fundamentais, co momento dos rincóns no que o balbordo resulta
inevitable... que cambio!
Como saberedes, durante este curso presentáronse diferentes
rincóns cos que xogamos aprendendo e aprendemos xogando: rincón de xogo simbólico, de biblioteca, de
lóxica-matemática, de construcións, de expresión plástica... espazos de xogo e
traballo para aprender a compartir, resolver positivamente conflitos cotiás, imaxinar
e recrear situacións, construír...
Agora xa, na vindeira semana ultimaremos
os derradeiros detalles do traballo impreso propio deste trimestre, e así
adicar a recta final ao traballo da identificación e grafía dos habitantes de
Letrilandia– O País das Letras que coñecemos durante este tempo... preparados!
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario