Estas semanas, a partir do conto “Muníbal
y la tirita”, estamos descubrindo,
identificando e valorando o corpo humano de forma global e, moi especialmente,
segmentaria.
O traballo sistemático do corpo humano permítenos
recoñecer algunhas características propias e alleas, decatándonos que todos
temos características comúns e outros rasgos que nos diferencian: altura, cor
de pelo, de ollos...
Algunha das partes externas que identificamos
a partir das actividades do caderno nº2 de MUNÍBAL son: CABEZA, CUELLO,
TRONCO, MANO, PIERNA, RODILLA, PIE. Ao
tempo, iniciámonos en novos conceptos para referirnos aos órganos xenitais
feminino -VULVA- e masculino -PENE-.
Ata aquí, todo controlado; agora ben, este
curso, aproveitamos para identificar e nomear elementos internos que forman
parte do noso corpo: CEREBRO, CORAZÓN, PULMONES e ESTÓMAGO.
Axiña valoramos que cada órgano ten unha función, e que todos son necesarios
para vivir.
Aprendemos que os HUESOS sosteñen o
noso corpo e protexen os nosos órganos e que os MÚSCULOS cobren os ósos
e fan que podamos movernos... que interesante!
Asemade, co gallo deste centro de interese,
profundizamos sobre a necesidade dunha alimentación saudable como un dos
alicerces básicos para conseguir unha boa calidade de vida.
Indubidablemente, a dieta alimenticia
contribúe ao desenvolvemento de hábitos de vida saudables que, xunto coa
práctica de exercicio físico e de deporte, facilita estilos de vida
fortalecedores.
De sobra coñecemos que alimentos están reservados
para momentos puntuais e/ou especiais do curso e, polo tanto podemos traer
excepcionalmente para o momento da merenda. Identificamos alimentos como as froitas,
verduras e hortalizas como produtos de primeira orde que favorecen a adquisición de
hábitos de saúde positiva. Neste senso, recreamos a partir de varios troquelados
as 3 froitas preferidas de MUNÍBAL: o amorodo, a sandía e o plátano… ti si que
sabes, MUNÍBAL!
Esta actividade permitiunos demostrar os
nosos coñecementos sobre a froita de tempada que acostumamos a comer no momento
da merenda... canta variedade! Sen lugar a dúbidas, unha alimentación saudable
e a adquisición de hábitos de hixiene tales como practicar deporte e cepillar
os dentes a diario, convértense nos aliados perfectos para estar sans e fortes...
estupendo!
Agora xa, a vindeira semana o cole
encherase de cabazas, bruxas, morcegos e demais personaxes arrepiantes que farán
que este Halloween-Samaín resulte... terrorificamente divertido!... Let´s
go to Halloween!...
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario