Esta semana, seguindo as instrucións da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional, deixo de novo unhas
recomendacións que nesta ocasión toman como eixe vertebrador O CONTO.
Indubidablemente, a nosa aula convértese nun verdadeiro entorno receptor alfabético, onde a lecto-escritura é unha aprendizaxe máis que construímos e reconstruímos a partir de distintas situacións cotiás.
Indubidablemente, a nosa aula convértese nun verdadeiro entorno receptor alfabético, onde a lecto-escritura é unha aprendizaxe máis que construímos e reconstruímos a partir de distintas situacións cotiás.
Neste senso, a utilización dos contos como rutina de
aula, sérvenos para crear un clima de festa que resulta tan grato e estimulador
para a aprendizaxe. Incluso ás veces, a partir destes, elaboramos xogos de
creación literaria inventando historias ou imaxinando finais diferentes para
contos xa coñecidos.
Así, existe un amplo abano de posibilidades de traballo a
partir da lectura de contos, destacando entre outras, algunhas das seguintes:
- Actividades lingüísticas: traballando de xeito sistemático a
lectura en letra minúscula, creando un clima cálido, seguro, de proximidade
física e afectiva onde equivocarse sexa un paso máis na aprendizaxe...
- Actividades de
comentar: facer
preguntas para clarificar feitos, recoñecer no texto o nome dos protagonistas
e outras palabras significativas, identificar as partes do conto (inicio-nó-desenlace),
formular hipóteses que favorezan a imaxinación, a creatividade, o pensamento
crítico...
- Actividades de
expresión plástica: recrear a
escena e/ou personaxe preferido con recursos propios da expresión plástica
(rotuladores, plastidecor36, témpera...) coidando os detalles:
esquemas corporais elaborados, asociar unha cor a cada parte da
composición...
- Actividades de
creación literaria: para o que
vos recomendo empregar algunhas das técnicas aportadas por Gianni Rodari
na súa obra Gramática de la Fantasía (1985): o conto sen final, o
neno como protagonista, a ensalada de fábulas... etc
- Actividades con
medios informáticos: a partir das ferramentas
web 2.0. como creAPPcuentos dispoñible para IOS e Android...
Alén disto, destacar unha vez máis as posibilidades que ofrecen
as Tecnoloxías da Información e da Comunicación como fonte inesgotable
de coñecemento. Nesta ocasión, propoño unha visita a Procomun, repositorio
de recursos dixitais abertos (REA) do Ministerio de Educación e das
distintas comunidades autónomas no que se compila material didáctico catalogado
de xeito coherente co currículo de Educación Infantil. Mesmo a tv estes
días convértese nunha valiosa ferramenta educativa. Boing lanza dende
hoxe mesmo (23 de marzo) unha proposta centrada na aprendizaxe dunha lingua
estranxeira. Con Real Mom, programa presentado por Tania Llasera ás
13:25h., os nenos e nenas poderán aprender novas palabras en lingua estranxeira
nas súas diferentes seccións: Let´s Play, Cooking with Tania, DIY
(Do it Yourself) e Let´s Dance. Xa na nosa comunidade autónoma, TVG2
en colaboración coa Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
tamén se suma a este tipo de iniciativas cunha programación especial de luns a
venres, de 11:00h. a 13:00h..
Familias, aberto sempre a posibles suxerencias, non
esquezades de aprender a ser máis fortes... Cando un se deixa levar, todo
cambia, todo flúe, todo funciona... porque aínda quedan fadas de corazón puro
que conceden desexos por sorpresa sen pedir nada a cambio...
7 comentarios:
ANIMADE AOS NENOS/AS FACER COMENTARIOS NO BLOG!... SEGURO LLES FAI ILUSIÓN!...
Hola amigos y José Ricardo! Os quiero a todos y os echo de menos, espero poder veros en un mes. Todo saldrá bien!!! Besos Gael
Hola Gael!... Madre mía cuando nos veamos todo lo que nos vamos a tener que contar... locura! :)
Un abrazo enorme!
Yo también tengo muchas ganas de veros, os echo de menos.😚😘 Pablo Abuin
Hola PABLO A. Síii, ojalá pronto en el cole!...
Un abrazo PABLO A.! Otro para LAURA y otra para MARTÍN A.!...
Amigos & Profe J. Ricardo...qué ganas de volver a ponernos todos los días el mandilón rojo, de volver a las asambleas de cada día, de abrazarnos todos juntos...Os echo de menos. SOFÍA
SOFÍA!!... Ojalá muy pronto en el cole para despedir estos 3 cursos juntos como se merece!!... Un abrazo enorme para ti, para CARMEN y para MANUEL M.
Publicar un comentario