Bienvenido

TRUCO OU TRATO?

viernes, 28 de octubre de 2016

Hoxe pechamos o traballo a uns días nos que as bruxas, pantasmas e esqueletes vertebraron as experiencias na nosa aula… que intensidade!
Sabedores da expectación que supón o Halloween-Samaín, a súa celebración na clase xa comezou antes do previsto con torbeliños de ideas que serviron para constatar cales eran os nosos coñecementos previos e para deixar en evidencia as nosas necesidades de aprendizaxe sobre esta festa.
Nestas asembleas matinais, saíron algún dos elementos máis representativos desta celebración: cabazas, pantasmas, castelos encantados, morcegos… e FRANKENSTEIN?... Pero... quen é FRANKENSTEIN?...

SONIDOS DE MIEDO (Edit. SM)
Este personaxe de cara verde, cicatrices na testa e parafusos no pescozo, causou tal sensación que buscamos imaxes no ordenador da aula, sen decatarnos, que existía-existeu un Frankenstein de verdade; por iso, sensibilidades a parte, centrámonos nos debuxos… quedamos estupefactos!
Evidentemente, non deixamos pasar inadvertido este personaxe tan característico das historias de terror e coloreamos a Frankenstein nunha actividade na que puidemos pintar, de maneira excepcional, a letra “F” con rotulador de cor vermella… quedou unha letra sangrienta espeluznante!


Da mesma maneira, coñecemos a fascinante historia de ENRIQUE, unha pantasma medoñenta que, onda os seus amigos Lucía, Jorge e Eduardo, celebraba a súa festa de aniversario de 400 anos… case nada!
El cumpleaños de Enrique (Edit. Edelvives) serviu para crear un ambiente de festa que resulta tan grato e estimulador para a aprendizaxe. Escoitámolo case a diario como recompensa: canto rimos cos cambios de cor, cos seus medos no sotáno e coa aparición de Mimí.

EL CUMPLEAÑOS DE ENRIQUE (Edit. Edelvives)
Conscientes da acollida desta historia, recreamos cadansúa pantasma. Siii, sabémolo de sobra!, as pantasmas son de cor branca!,... pero nesta ocasión, puidémolas pintar das cores que quixeramos, xa logo na asemblea explicamos que estaban a comer en cada caso. Houbo de todo: dende os caramelos brillantes e o refresco de menta do conto, ata limonada, amorodos con nata e mesmo cookies con virutas de delicioso chocolate… fantástico! E esas “UUU”… aterradoras!



Pero ahí non quedou todo, pois ademais de ver contadas veces a curta Pet of Drácula (La mascota de Drácula), memorizamos, cantamos e mimamos a canción titulada: Noche de terror.






















Tamén decoramos cadansúa carauta de cabaza con témpera e cera. Pero… non tiñamos témpera de cor laranxa!... así que fixemos a mistura entre a cor vermella e amarela e… tachán, problema resolto!...


Como pintamos, coloreamos e escribimos os nosos nomes!...


Un traballo do máis completo… parabéns!


Por outra banda, dende o centro pediuse a colaboración das nosas familias para a achega de cabazas decoradas co gallo desta celebración para unha exposición no hall do noso edificio: bruxas, morcegos, zombies, Maléfica… ata unha cabaza de Frankenstein con parafusos incorporados e a de Triki -o  monstro das galletas- que traia cookies de serie que enseguida degustamos compracidamente… mmm!












Este curso, na exposición aprendemos a “no tocar, solo ver”, trátanse de obras de arte, e as obras de arte… non se poden tocar!!... Quedou claro??...


Xa hoxe venres, para darlle á xornada un toque diferente e especial, o desenvolvemento de cada rutina estivo marcada polo Halloween-Samaín.
Así pois, segundo o listado alfabético do panel de ausencias e presenzas, tocóulle ser súper-encargado a ESTEBAN, pero máis que súper-encargado resultou ser… un súper-morcego! Pois excepcionalmente, logo de non ter ningún erro no ditado de grafemas no encerado, o ditado de números fíxoo coa capucha posta…, un detalle que quizáis non teña a maior importancia, pero ver a ESTEBAN na aula coa capucha de morcegos foi algo que non sabemos o motivo, pero… nos deixou sen palabras!


E aínda quedaba o mellor, un aparello con sons de medo que nos serviu para comprobar se eramos quen de adiviñar de que se trataba en cada caso. Algúns sons estaban doados, eran similares aos sons que aparecen no conto de Sonidos de Miedo (Edit. SM), pero outros… canta imaxinación!















Xa logo, no momento da merenda, improvisamos un picnic na zona da asemblea. PAULA, HÉCTOR e outros nenos pulsaron o aparello unha e outra vez ao tempo que o resto tentaba adiviñar... como nos gusta facer de profe!



E para rematar, a editorial de MUNELA agasallounos cunha piruleta de amorodo que viña nun cestiño idéntico ao dos Little Einteins… que coincidencia!


Isto e a purpurina que refregamos pola cara foi o mellor colofón a unha semana… terroríficamente divertida! HA HA HA!...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

COMO SÚPER-MAIORES?!?!...

viernes, 21 de octubre de 2016

Esta semana mergullámonos no mundo de “Los increíbles MUN” desenvolvendo as nosas primeiras actividades no libro nº1 de MUNELA.
Uf!... pero para chegar aquí, non vexades todo o que lembramos e traballamos para que os resultados nos libros de MUNELA se axusten o máximo posible ao noso rendemento. Comezaremos polo principio...
Xa durante os primeiros días de cole, a modo de avaliación inicial, trazamos letras e números, debuxamos formas de diferentes cores e tamaños, tamén comprobamos se eramos quen de debuxarnos a nos mesmos...
Sen lugar a dúbidas, resultaron uns días intensos nos que comprobamos todo o que lembrabamos do curso anterior e todo o que esquezaramos. Porén, case case comezamos dende o principio coas letras do abecedario, co trazo dalgúns números seguindo a direccionalidade correcta, coloreamos, debuxamos de novo formas cada vez máis distinguibles...


Aproveitando como alicerce motivacional as festas de San Froilán, coloreamos un polbo que en gran grupo acordamos podería ser de cor lila-violeta, rosa e mesmo de cor vermella... Tamén para aplicar de forma contextualizada o traballo cotián da lecto-escritura, escribimos un dos nosos primeiros títulos impresos. Nalgúns casos os avances son... espectaculares!


Tamén, a partir das achegas individuais nas asembleas sobre o San Froilán -o que deron de si estes días-, aproveitamos para debuxarnos unha e outra vez de paseo polo recinto feiral desfrutando onda as nosas familias dos nosos momentos máis divertidos... o pesca-patos foi total!


Todo isto, foi o resultado dun traballo sistemático previo no que lembramos como se tacha, rodea, une, escribe... con lápis e/ou rotulador para que o trazo resulte máis preciso... como se colle a cera para colorear ao xeito, sen présas para non saírnos do contorno...  non todo vale!...



Con todo, e cada vez máis concienciados de que non todo vale, de que hai que traballar amodo, procurando non saírnos do contorno, sen deixar oco nin “rayajos”... os nosos traballiños son máis elaborados; mudando moi progresivamente esa locura desorbitada por rematar axiña por unha actitude relaxada e libre de tensións cando nas primeiras horas desenvolvemos en silenzo o traballo obrigatorio... que saber estar!... tan marabilloso!...


Inevitablemente, nun grupo de 26 nenos e nenas, hai de todo. Está claro que a algúns lles está custando participar nas rutinas de traballo e xogo con orde, pero será cuestión de tempo... paciencia!
Por outra banda, e como actividades previas e de motivación, coñecemos algunhas das normas de uso dos libros de MUNELA que se atopan por equipos de traballo na zona de traballo obrigatorio en mesa. O momento da presentación dos libros resultou todo un acontecemento... que ilusión!


Agora, sabemos que no tempo do traballo en mesa, deberemos estar moi atentos na explicación de cada actividade para saber que facer. Este curso, a interpretación libre está prohibida..., moito ollo!... Para iso, cómpre poñer todo da nosa parte para facelo o mellor posible, e así, cando levemos os materiais para a casa, as nosas familias se poñan contentas, moooi contentas.
E é que non se trata duns libros calquera... nooon!!! Trátanse duns libros diferentes, especiais; son libros de maiores, cun montón de fascinantes actividades que nos axudarán a comprender o noso pequeno-gran mundo.
Agora xa, a vindeira semana, farémosvos partícipes de todas as experiencias terrrorificamente divertidas que xuntos viviremos co gallo da celebración do Halloween-Samaín. Estades preparados para pasar medo?...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!

... CON AIRE DE FeStA!!

viernes, 14 de octubre de 2016

Cuns días nos que en Lugo se respiraba un ambiente case continuado de troula, a nosa aula tamén se vestiu de festa... e por partida dobre!
Como sabedes, este curso, poderemos celebrar se así o desexamos, o aniversario cun cake para compartir co resto de compañeiros e compañeiras.
Dado o cúmulo de experiencias que supuxo este pequeno-gran acontemento na aula, mudando incluso a cotidianeidade da nosa parrilla de clase, farémosvos partícipes desta celebración que coidamos vivir moitas máis veces neste curso.
Previamente, nos primeiros días de cole, colaboramos activamente na organización dos espazos individuais e no panel de rutinas da zona da asemblea, prestando atención á disposición dos paneis dos aniversarios.
Neste senso, contamos con ata 3 indicadores diferentes:
o tren dos aniversarios cunha MUNELA maquinista e que nos serve como alicerce para recitar e mimar diariamente o rito dos meses do ano... que son 12!...



...tamén as estreliñas nas que organizamos as nosas fotos en cadanseu trimestre


e as tartas que irán cambiando de número e que servirán para facer o traspaso da fotografía do homenaxeado, polo momento da tarta de 3 anos á tarta de 4 anos. A tarta de 5 anos deixarémola para o 2º trimestre.


Ilusionados, expectantes e con paciencia, moooita paciencia, un a un fomos poñendo cada fotografía no seu panel-lugar correspondente tentando non estragala... quedou un panel de rutinas do más completo!


En canto a esta nova rutina, estabamos intrigadísimos do que agochaban aquelas bolsas dos homenaxeados, incógnita que disipariamos no momento da merenda organizando unha modesta, pero divertida festa de aniversario.
Para comezar, e para que os homenaxeados se sentisen auténticos cumpreañeiros, a primeira hora ÁLVARO e LOIS decoraron a súa coroa con gomets de cores e formas variadas, escribindo o seu nome e número de anos.
Seguidamente, xa no momento da merenda, levamos a cabo o momento máis significativo da celebración: o soprado de velas,...


...tamén a canción de aniversario en gran-grupo e o traspaso da foto dos cumpreañeiros da tarta de 3 anos para a tarta de 4 anos... que complicado!






















Resultou un momento sensacional, todos e todas estabamos expectantes, sen perder detalle... canto nos gusta sentir súper-maiores! 
Despois, cantamos e mimamos a canción de “Tengo 4 años” e degustamos cun manteliño improvisado con papel de cociña un anaco de cake... estaban deliciooosos!
Xa para rematar, os homenaxeados, -máis protagonistas incluso que o súper-encargado-, repartiron un caramelo mastigable... perfecto, un extra!


Como vedes, as pequenas cousas contan cunha significatividade especial na nosa aula, convertíndose en situacións excepcionais que fan sentirnos día a día un pouco máis maiores, axudándonos a entender mellor o noso pequeno-gran mundo.



Siii!!!, a vindeira semana, mergullados de cheo neste outono marrón e amarelo que por fin chegou, iniciarémonos na realización e uso coidado dos libros de MUNELA... como?..., aínda non sabedes quen é MUNELA?... Pois seguide atentos ao blogue que axiña vola presentaremos...


Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!