Os
fundamentos matemáticos están presentes nas nosas vidas dende idades temperás,
especialmente si temos en conta un aula como a nosa na que a lóxica e as
matemáticas impregnan gran parte das actividades que realizamos cada día.
Neste
senso, a partir das rutinas da aula, desenvolvemos actividades en clave de
lóxica, poñendo en xogo e mellorando diferentes habilidades propias do
pensamento e razoamento matemático.
Así
pois, nas RUTINAS DA ASEMBLEA: a través
da resposta a preguntas tales como: cantos faltan?, cantos somos en total?,
cantos días fixo sol?..., iniciámonos no uso convencional dos números como
estratexia de conteo, de formación de conxuntos e de rexistro de feitos.
Tamén
na escritura da DATA: traballamos o
anterior e posterior entre números no calendario, formación de conxuntos e
identificación de numerais.
Nas
ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE: coñecemos as posibilidades e
limitacións do corpo e do contorno próximo, realizando unha estruturación da
noción de espazo e de diversos conceptos xeométricos.
Logo
do patio, nas actividades de relaxación coa “Hora de Ler” e a SESIÓN DE CONTACONTOS: traballamos a
sucesión de acontecementos, utilización de cuantificadores para describir
características de personaxes, lugares, situacións...
Asemade,
entre os rincóns que organizan o espazo da aula contamos co RINCÓN DE LÓXICA-MATEMÁTICA: un espazo
que nos permite desenvolver un traballo construtivo a partir do uso
contextualizado de distintos recursos didácticos: figuras de volume, pezas de
construción, regretas Cuisenaire, tangram, bloques lóxicos...
Así,
de xeito máis guiado nas asembleas, a partir do uso deste material, descubrimos
e identificamos figuras xeométricas en elementos da realidade (círculo,
cadrado, triángulo, rectángulo, óvalo, esfera, cubo...), recoñecemos aspectos
xeométricos (liña, punto, lados, formas)... fantástico!
Ao
tempo, sabedores da necesidade dun traballo instrumental máis riguroso e
planificado, este curso, ao tempo que realizamos actividades impresas nos
libros de MUNELA, contamos cun caderno de Matemáticas -CALDEIRÓN (Edit. Anaya)- que nos serve
para desenvolver e utilizar habilidades propias do pensamento e razoamento
lóxico-matemático a partir de situacións nas que cuantificamos, clasificamos,
agrupamos, ordeamos, seriamos... elementos da realidade.
Uf!, este caderno si que é complicado dabondo no que
cada actividade e tarefa pon a proba a nosa capacidade de abstracción... pouco
a pouco, paciencia e amodo... siii,
as mates molan!
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario