Esta semana, seguindo as instrucións da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional, deixo de novo unhas
recomendacións que nesta ocasión toman como eixe vertebrador A
LÓXICA-MATEMÁTICA.
A partir
das rutinas da aula, desenvolvemos actividades en clave de lóxica, poñendo en
xogo e mellorando diferentes habilidades propias do pensamento e razoamento
matemático: momemto da asemblea, actividades de psicomotricidade, sesión de
contacontos, rincón de lóxica-matemática...
Así, para
reforzar, consolidar e/ou ampliar estas aprendizaxes, estes días na casa podemos
empregar a lóxica-matemática para resolver problemas e situacións cotiás.
Sabiades
que cos contos dos que falabamos a semana pasada podemos traballar a
lóxica-matemática?... Podemos contar as palabras do título, sumar letras,
segmentación en sílabas... empregando o conteo como estratexia na obtención dun
dato numérico.
Ao tempo,
podemos poñer a proba as nosas habilidades manipulativas desenvolvendo
actividades de papiroflexia: un barquiño de papel, unha pajarita,
un comecocos e descobrir que aparece baixo cada solapa... No papel, tomamos
medidas, dobramos, facemos simetrías, decoramos con formas xeométricas de cores
e tamaños variados... imaxinación e paciencia ao poder!
As matemáticas
atópanse tamén na cociña, e unha receita convértese nun alicerce excepcional
para traballar cantidades necesarias para a preparación: número, gramos, culleres...,
mesmo podemos contar en xogos de mesa coma o parchís, a oca, o dominó
tradicional, o Monopoly... soa xenial!
Alén
disto, podemos desenvolver outras actividades máis formais como a identificación
e trazado de números seguindo a direccionalidade correcta, recta numérica
ascendente/descendente, maior que/menor que/igual, operacións de cálculo mental
con sumas e restas, conceptos de cantidade (moito/pouco/igual/tanto coma...), topolóxicos
(diante/detrás, enriba/debaixo, esquerda/dereita...), temporais (onte/hoxe/mañá,
días da semana, meses do ano...), cantar cancións asociadas a números...
Uf!...
manipular cantidades con obxectos e materiais, identificar cualidades,
comparar, seriar, realizar operacións de correspondencia... facer agrupacións
de elementos atendendo a un ou varios criterios... a lóxica-matemática
gusta, así que... aproveitemos esa motivación estes días na casa!
Ah!... e continuade coa idea de escribir no diario. Apuntar nunha frase o propio dese día, agora parece pouca cousa, pero máis adiante gustaravos lelo... ánimo!
Ah!... e continuade coa idea de escribir no diario. Apuntar nunha frase o propio dese día, agora parece pouca cousa, pero máis adiante gustaravos lelo... ánimo!
Familias, aberto sempre a posibles suxerencias, esta
semana gustaríame rematar cun fragmento de “El Principito” que nestes días, alomenos
para min, ten un significado especial: “Duele. Duele un montón. Pero va a
pasar, y cuando sane, más alto vas a volar, más libre vas a soñar”.
4 comentarios:
Tomamos nota. A partir de agora,cando Gael cociñe,iremos repasando as cantidades para practicar matemáticas. Gracias polas suxerencias!
GAEL en la cocina tiene que ser el no va más!!... Si no lo habéis hecho ya, mirad el vídeo de los profes en la página web del cole... seguro que a GAEL le hace gracia.
Un abrazo.
#prohibidorendirse
Imos practicar tamén con Nabia!
Moitas grazas polos consellos
Claro que siii!!... NABIA pode con todo o que se propoña!!... Ánimo...
Publicar un comentario