Esta semana pecharemos un 1º trimestre cargado de descubrimentos,
aprendizaxes e coñecementos do mellor dos xeitos posibles: chegou o “Festival
de Nadal 2015”,
estades preparados?...
Este curso resultounos moi complicado gardar o segredo e, quen máis e
quen menos, coñece de sobra a actuación que estamos preparando con tanto esmero
e adicación... sssch, era un segredo!
Así pois, como cada curso, tras a celebración do magosto atopámonos de
súpeto co Nadal, unha data que propicia situacións curiosas e divertidas
cargadas de toneladas concentradas de enxeño e inocencia.
Ao principio quedamos un chisquiño decepcionados ao comprobar que este
curso, como era normal, non repetiríamos a actuación de “CIRCUS”: todos e todas
tiñamos xa adxudicado o noso papel! Neste senso, non vos podedes imaxinar o
partido que lle sacamos o curso pasado á nosa actuación, ata tal punto que
aínda hoxe segue presente nas nosas conversas e lembrámonos perfectamente de quen
desenvolvía cada papel: leóns e domadora, equilibristas, pallasos... que
momentazo!
Xa logo, establecimos e marcamos posicións, -todo un exercicio de memoria
e concentración-, mudando unha e outra vez creando unha atmósfera tan animadamente
animada.
Siii, familias!... Este curso
preparamos a performance de: EL REY
LEÓN.
Estamos nervosos,
expectantes, ilusionados... con moitas moitiiísimas
ganas de que chegue o gran día da estrea mundial e, máis guapos que nunca,
recreemos a historia de EL REY LEÓN no medio dunha sabana africana á que non
lle faltará detalle.
Ata nos momentos máis impredicibles da xornada aparecen determinados emblemas, así sucedeu o venres na celebración do aniversario de EVA... fantástico!
Este venres tedes unha cita a partir das 10:00h. no pavillón da nosa
vila para disfrutar do espectáculo máis marabilloso do mundo: o musical de EL
REY LEÓN!!... Familias, dedos cruzados para que todo saia segundo o
previsto!!... Agardamos que vos guste!!...
E para meternos se cabe aínda
máis en cadanseu papel, esta semana comezamos a disfrutar da película Disney de
EL REY LEÓN... non perdemos detalle!
Ao tempo, con todo o traballo planificado para este trimestre rematado e sabedores de que todos ou case todos puxemos a árbore de Nadal nas nosas casas, comezamos preparando un novo elemento decorativo que engadiremos á figura de Olaf elaborada o pasado curso... hai sitio, verdade?...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!