Dende a Área de Concello e Cidadanía de Lugo,
esta semana participamos na campaña “Pícaros
no mercado”; unha actividade coa que nos achegamos de xeito vivenciado ao Mercado
Municipal e á Praza de Abastos.
Neste senso, esta temática non é nova para
nós, pois no libro de actividades nº5 de MUNELA, cuxo centro de interese era o
mercado, descubrimos, identificamos e valoramos o mercado como un espazo no que
podemos encontrar todo tipo de produtos frescos con cores, olores e sabores moi
variados.
Así, aprendemos que no mercado a xente compra
verduras, carne, pan... e mesmo toma chocolate con churros a 5 euros como
PABLO, BERTA e MUNELA... que memoria!
A primeira hora da mañá, expectantes e
ilusionados, repasamos as normas de seguridade e de urbanidade para a saída: agarrados
da nosa parella, non andar moi rápido nin moi despacio, non baixar da
beirarrúa...
Aproveitando que o tempo acompañaba, percorremos a Avda.
de Ramón Ferreiro, Bispo Aguirre, Praza de España, Doutor Castro...
Que vida hai de boa mañá en Lugo, que bonito é Lugo, Lugo
ten moito que ver... Lugo mola!
Xa logo, en primeiro lugar, visitamos a Praza de Abastos,
mergullándonos de cheo en cada posto.
Na PESCADERÍA vendían pescados de mar e de río. Tamén marisco:
langostas, centolos e peixes a granel!
Neste posto había un conxelador xigante que semellaba un
armario... impresionante!
Na POLLERÍA vendían polos, pavos, ovos... mesmo
hamburguesas e croquetas... excelente selección!
No posto da FROITERÍA había leitugas, tomates, patacas,
cogomelos..., e moitas moitísimas clases de froitas: mazás, cereixas, plátanos,
melocotóns... canta cor, canto brillo!... cada produto no seu lugar!...
Na CARNICERÍA vendían carne de vaca, de porco e de cordeiro...
mesmo había porcos enteiros!... quedamos abraiados! e posiblemente sexa unha
das cousas que máis nos chamaron a atención.
Xa para rematar a visita guiada pola Praza de Abastos,
restaba visitar a PANADERÍA onde vendían distintos tipos de pan, galletas, rosquillas,
pasteis, empanadas... mmm, canto
arrecendía!
Por outra banda, tamén visitamos o Mercado Municipal cos
mesmos postos e unha CAFETERÍA xusto na entrada,... que almorzo tan apetecible!...
Neste espazo, desenvolvemos unha actividade coa que
recoñecer e valorar a importancia dunha dieta equilibrada como medida
fortalecedora de saúde coloreando segundo o código de cor establecido os
alimentos prexudiciais (cor vermella) e beneficiosos (cor verde).
Sorprendente o involucrados que estivemos na actividade,
coidando de non saírnos do contorno e obstinándonos en rematar a actividade
cando xa apenas restaba tempo... debiamos voltar ao cole!..., o seguinte grupo
estaba agardando a súa quenda de visita!...
Para rematar, na clase, improvisamos unha asemblea na que
cadaquén aportou a súa impresión e valoración, recreando tanto o noso posto favorito
como as rúas de Lugo... os gladiadores romanos da Praza de España: un
clásico... estupendo!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
4 comentarios:
Moitas grazas pola dedicación hacia os nosos nenos e por este blog que nos permite as nais e pais disfrutar de velos tan contentos e entusiasmados con todas as actividades propostas.
Unha gran excursión con grandes experiencias. A ver se aprenden que na plaza hai algo máis que chocolate, churros e chuches
Xenial a idea de visitar o mercado. Martín veu alucinado coas langonstas e centolas.
Moi diver.
Mil gracias por el blog!!! No sabes cuánto te agradecemos todos los comentarios, explicaciones y fotos que acompañas. Te agradecemos el esfuerzo que haces al compartir el día a día de nuestros niños. Gracias
Publicar un comentario