O venres, despois do recreo, celebramos a nivel de centro o “Día das Letras Galegas”, aproveitando este acto para facer a entrega de premios do “Concurso de Contos”.
A actividade na que participou todo o alumnado do centro, dende Educación Infantil ata Educación Primaria, resultou moi enriquecedora para todos nos, xa que dun modo ameno e desenfadado acercámonos un pouquiño máis a ese poeta do Caurel ao que este ano se lle adicou o “Día das Letras Galegas”: Uxío Novoneyra.
Clase tras clase, a través do micrófono, foi recitando unha escolma de poemas de Uxío Novoneyra como: “Bidueiro”, “Devesa”, “Río”...
En cambio, a Educación Infantil e 1º e 2º ciclo de Educación Primaria, asignousenos un poema que abordaba datos representativos da vida e obra deste autor lugués na que coñecemos aspectos tales como o seu lugar de nacemento, que estudou e onde, os títulos dalgunhas das súas obras como “Gorgorín e Cabezón” ou “Ilda, o lobo e o corzo”...
O extracto asignado á nosa clase abordaba un dos títulos das súas obras máis representativas: “Os Eidos”, e tras memorizar, mimar e reproducir o extracto na clase ao longo da semana, o resultou quedou sensacional e Paulo e Candela fixérono... colosal!!!
Simultaneamente e para co recital poético non resultase denso, o “Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística” tiña concertadas varias actuacións: unha do grupo de tambores e outra do grupo de pandereteiras do centro entre as que se atopaba unha das nosas compañeiras. Todos e todas quedamos coa boca aberta do ben que tocou a pandeireta Iria, e o profe díxolle que algún día tiña que ensinarnos algunha das cancións interpretadas; estiveron sensacionais.
Finalmente, tivo lugar a entrega de premios do “Concurso de Contos” que tivo lugar no centro para conmemorar o “Día do Libro”. Este curso a temática debía estar vencellada co centro de interese do antroido, no noso caso, como lembraredes, coa Idade de Pedra, dando como resultado o noso conto cooperativo titulado: “Miñoca e a máquina do tempo”.
Estabamos entusiasmados cando nos entregaron o diploma que acreditada que somos os “mellores escritores e escritoras de contos”, xa que dalgún modo estábase valorando o traballo levado a cabo na aula e no que todos e todas participamos: creando a historia, debuxando, coloreando, escribindo o texto...

Para disfrutar dos contos que elaboraron o resto das clases do cole, o día anterior, na rutina do préstamo de biblioteca, no canto de xogar en gran-grupo aos xogos do noso blog no plasma da biblioteca, o profe explicounos o argumento dalgún dos contos elaborados polas outras clases, había auténticas obras de arte...
Asemade, tamén na biblioteca, e organizada polo “Equipo de Biblioteca”, atopábase a exposición dos “Contos de Sempre” unha exposición que ademais se está a levar a cabo a nivel de aula, unha estratexia excepcional coa que mudar os contos do noso recanto da biblioteca. Neste caso, a exposición da biblioteca ten unha particularidade, pois ademais de presentarse varios exemplares distintos do mesmo conto (algo que nos chamou moito á atención), atópase algún obxecto característico do seu relato argumental tales como unha capucha para o conto de “Caperucita Roja”, unhas botas para o conto de “El gato con botas” e mesmo unha burbulla con peixes no seu interior para o de “La Sirenita”.
Ssscchhhhhh, queremos contarvos un segredo... Moi atentos ao noso blog durante a semana, xa que, nesta ocasión o profe, deixará un agasallo moi especial para todos os nosos seguidores e seguidoras...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos comentarios!