Hoxe venres, como colofón á semana de
antroido, viñemos ao cole cos nosos mellores disfraces e complementos... fantástico!
Así pois, nas asembleas matinais destes días, axiña
coidamos que os disfraces e accesorios ocupan un espazo privilexiado nesta
celebración onde grandes e pequenos deixamos voar a nosa imaxinación para
converternos naquel personaxe que fai que vivamos o antroido de maneira intensa.
Ao tempo, tamén aportamos outros elementos e características propias desta
celebración como símbolos representativos e postres típicos.
Este ambiente festivo do antroido, favoreceu distintas
propostas de traballo que nos permiten avanzar no noso proceso de desenvolvemento.
En primeiro lugar, improvisamos un antiface que pintamos coa
cera acostada tentando cubrir de xeito uniforme todo o espazo. Para completar o
deseño, pegamos papeis de cores ao chou para dar unha visión de conxunto.
Xa hoxe venres, vivimos o antroido no cole... que
nervos!... Estabamos
ilusionadísimos coa celebración, expectantes, descontrolados...
Hoxe non había tempo para as rutinas propias
de cada día e, nunha asemblea diferente, descubrimos, coñecemos e identificamos
cada disfrace: funcións, complementos e accesorios... estabamos xeniais!
Ao tempo, reservamos un tempo para
debuxarnos con cadanseu disfrace: superheroes, princesas Disney, debuxos
animados, personaxes de ficción... ata serpentinas e confete... canto detalle!
Xa a media mañá, no ximnasio, participamos
no “Festival de Antroido” onda os compañeiros e compañeiras de 5 ANOS B para
mimar e dramatizar “Te voy a esperar”
(BSO - Tadeo Jones) de Juan Magán e Belinda que tan entregados preparamos estas
semanas... que artistas!
Resultou un acto ameno e non perdemos
detalle das cancións de todas as clases do colexio: canta variedade de estilos,
cantos disfraces, canto traballo... parabéns ANEXA!... viva o antroido!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Unha vez mais so agradecer o facernos partícipes do día a día na aula.
Publicar un comentario