“O
día do aniversario, Marcel invitou a Tristán a merendar na súa casa.
-
Felicidades! - dixo Tristán ao ver ao seu amigo, e deulle un pequeno paquete.
Marcel
abriu o agasallo e preguntou: - Isto que é?
-
Sobroume das cortinas da cociña - explicou Tristán.
- Gústache?
- Prefería mellor unha buxaina pero...”
Extracto do conto: Un agasallo diferente. Edit. Kalandraka.
Hai dúas
semanas, -mergullados na PAZ e na GUERRA-, non vos contamos que celebramos os primeiros
aniversarios do ano, nada máis e nada menos que xa os aniversarios de 6 ANOS...
wow!
Indubidablemente
o tempo pasa para todos e todas e, aínda que parece que comezamos onte o cole
dos maiores, estamos a piques de rematar Educación Infantil... case nada!
Quizáis,
dentro da nosa perspectiva infantil, non somos conscientes deste paso do tempo,
pero basta botar a vista atrás e decatarnos de todo o que cambiamos durante
estes cursos xuntos. Atrás quedaron as bágoas por vir ao cole, mesmo as poucas ansias
de traballo; agora si que si... convertémonos nos súper-maiores de
mandilón!
Porén,
e para darlle a importancia necesaria aos primeiros aniversarios de 6 ANOS,
traballamos o conto: Un agasallo
diferente (Edit. Kalandraka); unha historia na que aprendemos a apreciar o
valor das cousas pequenas.
Ao tempo,
xa o venres 31 de xaneiro (derradeiro día do mes), desenvolvemos ilusionados o
ritual propio dos aniversarios... JUAN e MARTÍN F. estaban exultantes!
Primeiro
JUAN e logo MARTÍN F. traspasaron a fotografia propia da tarta de 5 ANOS á tarta
de 6 ANOS.
Tamén
cantamos, mimamos e dramatizamos a canción propia deste momento e pescudamos algúns
cambios que se produciron ao longo deste tempo: peso, estatura, nivel de
capacidades... somos outros!... incluso, no mes de decembro, hai a quen se lle
caeu un dente na clase!...
Con
esta rutina de celebración comezamos un trimestre que porá a proba a nosa
capacidade de traballo, concentración e atención... despegamos a Educación
Primaria en 3, 2, 1...
Un saúdo e non esquezades que... o noso
blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario