Siii, tras
a pertinente conta atrás no calendario do panel de rutinas, o martes visitamos
o HULA... foi xenial!
Ilusionados e expectantes, ese día desenvolvemos
unha asemblea na que non había tempo para as rutinas propias do momento. Deste xeito,
aproveitamos para repasar algúns dos contidos que aprendemos no 1º trimestre a
partir do traballo sistemático do corpo humano.
Identificamos e nomeamos elementos internos
que forman parte do corpo: CEREBRO, CORAZÓN, PULMONES e ESTÓMAGO,
lembrando que os HUESOS sosteñen o noso corpo e protexen os nosos
órganos e que os MÚSCULOS cobren os ósos e fan que podamos movernos... que
memoria!
Ao tempo, repasamos as normas e regras de
seguridade no uso da vía pública: camiñar amodo, en fila, prestando atención a
cada indicación... controlado, todo en orde!
Xa no autobús, co cinturón abrochado, dirixímonos
ao noso destino... o HULA agardábanos!
Comezamos no hall do hospital, onde descubrimos
algunhas xeralidades do edificio... non sabiamos para onde mirar!
Xa logo, paseamos por parte dos corredores
ata chegar á aula hospitalaria... que coidado estaba todo!
Non imaxinabamos que no HULA había unha
clase, case case idéntica á nosa... Alí, MARGA, explicounos que o Hospital Universitario
Lucus Augusti, -este é realmente o nome completo do HULA-, contaba cun aula
para que os nenos e nenas hospitalizados non perdan de aprender, debuxar,
xogar...
Que aula tan bonita!... Cantas cores!...
Cantas cousas!... pezas de construción, bonecas, cociña... e contos.
Case sen perder detalle, escoitamos o conto: Os
Bolechas van ao hospital (Edit. Bolanda) recoñecendo e valorando distintos
traballadores propios deste espazo. Sabiades que no hospital hai cociñeiros?...
Uf!... case 3.000 persoas traballan no HULA!...
Wow!... Era
todo impresionantemente enorme, o Salón de Actos semellaba un cinema... Neste espazo,
practicamos a Respiración Cardiopulmonar (RCP) como técnica útil en situacións
de emerxencia. Escoitamos e miramos o vídeo explicativo, avaliamos e recoñecemos
a parada cardiorrespiratoria, colocamos boca
arriba, realizamos compresións torácicas e sopramos... canto experto!
Ao tempo, xa que estabamos nun hospital,
varios médicos e unha enfermeira nos mediron, pesaron e miraron a tensión cun
aparello que semellaba un reprodutor MP4... que sofisticado!
Tamén, coa lección aprendida, convertidos en
auténticos profesionais da saúde (médicos/enfermeiros), improvisamos un “Hospital
de Muñecos” onde puxemos a proba a paciencia dos adultos que nos acompañaban. Vendas,
tiritas, cabestrillos... Non lles faltaba e non nos faltaba detalle!... Mil
grazas!...
E para rematar antes de voltar ao cole,... que
mellor que repoñer forzas cunha saborosa merenda?... Bocadillo de xamón, sándwich
mixto, zume de laranxa natural... mmm, delicioso!
En días posteriores, o cúmulo de experiencias
vividas propiciaron múltiples conversas relacionadas (autobús, traballadores,
merenda...), deixando testemuña, como non podía ser doutro xeito, nuns debuxos
aos que cada vez lles faltan menos detalles... moitos parabéns!
Buah!...
Indubidablemente resultou unha saída ben interesante, organizada e desenvolta por
parte duns entregadísimos traballadores. GLORIA, ÁNGEL, MARGA, CARMEN, MANUEL e
ANA... mil millóns de G R A Z A S!... Sen a vosa adicación e paciencia esta saída
non sería posible... ata a próxima!
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario