Hoxe
venres, como colofón a unha semana na que desenvolvimos distintas actividades
relacionadas co antroido, viñemos ao cole ataviados cos nosos mellores disfraces
e complementos... foi fantástico!
Para
comezar a descubrir, identificar e valorar elementos e características do
antroido, nas asembleas matinais aportamos símbolos representativos desta época
do ano, onde evidentemente os disfraces e accesorios, ocuparon un espazo
privilexiado.
De sobra
quen máis e quen menos tiña escollido o seu disfrace dende había tempo, ou
alomenos o personaxe no que lle gustaría converterse. Achegas sen apenas
sorpresas: as nenas: princesas, fadas, raíñas... E os nenos, todo un clásico: Batman
e/ou Spiderman.
Así, este
ambiente tan festivo e de acollida que propicia o antroido, favoreceu distintas
propostas nas que avanzamos un chisquiño máis no noso proceso de maduración e
desenvolvemento.
Neste senso,
un dos primeiros cometidos foi a elaboración da carauta de MUNA. Axiña coidamos
a cor na que debiamos pintar: os cornos de cor amarela, o pelo de cor marrón e
a cara de cor laranxa.
Para mimar o resultado agardado, a proposta
desenvolveuse de xeito case individualizado/personalizado, demasiados detalles
para pintar a cara con témpera e pincel, pero con cera plástica... non
rematariamos nunca!
O resultado?... 25 MUNAS concentradas por metro cadrado!...
Asemade, xa
o xoves, véspera da tan agardada festa de antroido, realizamos unha actividade impresa que puxo a
proba a nosa paciencia e afán de superación por facer as cousas todo o ben que
sabemos e debemos. Non se trataba de nada doutro mundo, había que repasar os
trazos de cadanseu gorro de pallaso das cores establecidas (vermella, azul,
amarela) e colorear cada letra dunha cor, procurando non repetir cor e
traballando amodo, sen présa, prestando atención ao traballo propio... Os resultados
cada vez mellores, pouco a pouco imos progresando...
Por si
todo isto fose pouco, ao tempo, cada mañá desta semana chegabamos felices e
ilusionados cos momentos de neve intensa que caían por momentos... bonito,
bonito Lugo nevado, que afortunados!
Finalmente,
e tras unha longa conta atrás de máis de dúas semanas, chegamos ao día 9, venres
de antroido... que nervos!...
Estabamos
ilusionadísimos coa celebración, expectantes polo que sucedería o venres...
Nunha
asemblea diferente, falamos de cada disfrace: funcións, complementos e
accesorios... estabamos guapísimos! e varios preguntamos se poderiamos vir
disfrazados outro día... E é que non todos os días un pode converterse en:
Carapuchiña Vermella, superheroe, animal, princesa...
Xa a
media mañá, no ximnasio, vimos a variedade de disfraces, incluso en Educación
Primaria, disfrutamos de disfraces con temática motivadora: Trolls, Star Wars,
Emoji... canta creatividade!
Resultou
un acto ameno e non perdemos detalle das cancións de última moda elexidas para
a ocasión; agora ben, coincidimos na nosa actuación preferida... a guerra das
espadas de luz!... foi abraiante!...
Pola
nosa parte, durante estes días memorizamos, interpretamos e mimamos a canción: Mi disfraz, un título que nos mete de
cheo, se cabe aínda máis, nesta festa... viva o antroido!
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario