Sen movernos do país onde vivía NUBA e todos os amiguiños que fixeramos
onda ela cando tiñamos 3 anos, agora tócalle o turno a MOLI.
Siii, MOLI xa é unha
máis da clase!... e esta semana, descubrimos algunha curiosidade da nosa nova
mascota.
MOLI é un nubari moi viaxeiro que, deslizándose polo arco da vella co
seu paracaídas, consegue chegar ata os sitios máis fascinantes da Terra. E ao
regresar de cada lugar leva a súa mochila chea de apaixonantes aventuras e de
novos amigos, que quere compartir con todos nós.
Durante o curso, a nosa mascota atoparase nun lugar privilexiado da aula e en cada
unidade didáctica servirá de eixe para enlazar os diferentes lugares que imos
coñecer a través das súas viaxes. Así pois, viaxaremos ata illas afastadas, pasearemos
por terras xeadas, veremos cegadoras cidades, descubriremos impresionantes
selvas, navegaremos por apracibles ríos e coñeceremos a calor do deserto...
Que mellor que comezar lembrando as cousas que se agochan no ceo de
NUBARIS?... O sol e as nubes, a lúa e as estrelas, o arco da vella, tamén
bolboretas e paxaros, tronos... ata SABELA R.G. debuxou unha marabillosa
constelación... cantas estrelas!, canta imaxinación nestes debuxos!...
Tamén recreamos a MOLI coloreando o paracaídas e a súa roupa e calzado das súas cores correspondentes, escribimos no paracaídas o noso nome e o de MOLI... sen présa, ao xeito e amodiño, dándolle finalmente forma de títere de pau que hoxe entusiasmados levamos para a casa... fantástico!
E claro, tampouco podía faltar o debuxo de cadanseu MOLI, unha actividade
na que se viviron sempre momentos interesantes xa que... os nubaris non teñen
orellas!!... alomenos non se lles ve por ningures nas imaxes do conto ou mesmo na
mascota... non se nos escapa unha!
Debuxamos e coloreamos MOLIS con camiseta verde e pantalón azul, MOLIS
con paracaídas e con mochila, MOLIS cuns flequillos de punta multicolor: azul,
vermello, amarelo... en definitiva, MOLI facendo iso que máis lle gusta… viaxar
polo infinito e mais alá!
Indubidablemente, cada vez nos soltamos máis á hora de debuxar e, pouco
a pouco, as nosas creacións estanse a convertir en auténticas obras de arte...
quedaron uns MOLIS estupendos no corcho central da aula!
Ademais de todas estas actividades, e sen esquecer que durante a xornada
temos tempo para facer de todo, MOLI tamén xoga un papel importante en
diferentes momentos do día: no momento da asemblea matinal e do conto, no
momento do xogo libre e/ou dirixido nos rincóns, no momento do tempo de lecer… o
compañeiro perfecto para cada ocasión!
Ssschhh!!... Sabede que
en todos eses lugares que visitaremos con MOLI nas súas viaxes se ocultan
fantásticos tesouros que están a agardar a nosa chegada, sen esquecer, que
axiña MOLI se converterá nunha máis da nosa familia... comezamos a
aventura!!... preparados?
Un saúdo con sabor a pulpo SANFROILANCEIRO e non esquezades que... o noso
blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario