“... Los niños queremos reír y cantar”... con este rito, un curso máis mergullámonos na
actividade conmemorativa do “Día Escolar
da Non Violencia e da Paz” establecida no Calendario Escolar.
Neste senso, que mellor que redescubrir aspectos
relacionados coa PAZ que coa lectura e comprensión de todo un clásico desta
data... Negros y blancos (Edit. Anaya)
segue resultándonos fascinante!
Unha vez máis, esta historia serviunos como alicerce de
reflexión para chegar verdadeiramente ao centro deste concepto: a PAZ.
Así pois, participamos -previa man levantada- en torbeliños
de ideas nos que relacionamos a PAZ con accións como: “no pegar”, “recoger”, “ayudar en casa”... exacto!... a PAZ é algo
máis que a ausencia de guerra.
Ao tempo, este curso fomos un chisquiño máis alá, e logo
destas froitíferas conversas, recreamos situacións de PAZ e situacións de
GUERRA.
Indubidablemente, nas recreacións da guerra non escatimamos
detalle: arsenais completos de armas, ladróns, delincuentes, “los gamberros
de la Muralla”... caras de malo, presos e mesmo persoas mortas por
doquier...
Por outra banda, se hai un elemento que axiña
relacionamos con esta data do calendario é a pomba da paz. Desta vez, decoramos
a pomba da paz cun elemento que ás veces empregamos no tempo de traballo
individual para dar ás actividades unha visión estética de conxunto. Debuxamos con
rotulador corazóns no lugar indicado para tal efecto: corazóns de cor vermella
e corazóns Disney... canto amor! Para o pico e a rama de olivo, empregamos
o rotulador, eran cousas pequenas dabondo, así non nos saimos do contorno... Escribimos no reverso con letra minúscula enlazada: "Día de la Paz 2020", destroquelamos
e... listo!
Finalmente, xa hoxe xoves 30 de xaneiro, “Día Escolar
da Non Violencia e da Paz”, reservamos parte da xornada para escoitar
cancións de PAZ. A canción de “Barquito de papel” forma parte de seu deste
momento do curso, engadindo outras menos coñecidas e, quizáis, menos
interesantes para nós como “No dudaría” de Antonio Flores. Canto gozamos
deste momento!...
Agora xa, resta aplicar a situacións da vida cotiá todo o
aprendido. Os conflitos non se resolven pelexando, senón dialogando e tentando
chegar a un acordo entre as partes implicadas... lograrémolo?
Un saúdo e non esquezades
que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Lección aprendida, so falla poñela en práctica...
Publicar un comentario