Tras unha
andadura chea de vivencias, experiencias, descubrimentos e aprendizaxes, chega
o final do curso co inicio do verán... é tempo de VERÁN!
O verán é un
período vacacional, e resulta importante gozar del como tal; nembargantes, as
familias debedes ter en conta que calquera xogo ou actividade cotiá pode adquirir certo trasfondo pedagóxico.
Por iso, ademais
de xogar, ir á praia, ao parque, de viaxe visitar novos lugares... é importante,
sempre que sexa posible, realizar tarefas que sirvan de medio para consolidar
algunhas das capacidades adquiridas ao longo do curso. Non se trata de facer
fichas como as da escola, senón de non
perder o hábito e a actitude de traballo.
Dende un enfoque
lúdico, poderemos desenvolver distintas actividades, non como unha obriga,
senón como unha rutina que levamos a
cabo día a día durante as nosas tan merecidas vacacións.
Neste senso,
resulta importante destacar respeto á lecto-escritura,
que un lector non nace, faise, para iso, as familias debedes transmitirnos o valor da lectura como
unha fonte de aproximación a novos coñecementos e como unha porta aberta ao
mundo da fantasía.
Destacar o
importante que resulta que non nos iniciedes no proceso lector, xa que moitas
veces, inconscientemente, xerádesnos frustracións
e angustias innecesarias cara unha aprendizaxe custosa á que lle
prestaremos especial atención o vindeiro curso, paciencia...
Entre outras das posibles actividades que podemos levar
a cabo durante estas vacacións, primando sempre o periodo vacacional e de
descanso, estarían:
- identificación e trazado de grafemas. Non nos poñades letras para copiar,... iso está chupao! agora xa somos maiores e deberiamos saber trazar as letras seguindo o ditado de grafemas... facemos a proba?
- recoñecemento, e moi especialmente trazado de números significativos, a algún todavía se nos resiste a identificación e grafía dalgúns números... coa vosa axuda o lograremos!,
- seguir traballando as cores, os trazos e as formas planas, aprendendo a identificalas en elementos do contorno cotiá,
- tampouco deberemos esquecernos da expresión plástica, así que deixade que nos expresemos artisticamente e de xeito libre,... sen modelos! Non esquezades que é máis importante o proceso que o produto, xa que este dependerá do noso grao madurativo e da nosa particular visión do mundo.
Todo isto, por
suposto, sen esquecer de gozar as tan
merecidas vacacións que acabamos de comezar, aproveitando estes meses para
recargar as pilas para todos os retos e actividades que nos agardan a partir de
setembro...
OS NENOS E NENAS DE 4 ANOS A,
DESÉXANVOS
UNHAS MOI FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!!
0 comentarios:
Publicar un comentario