Esta semana, seguindo as instrucións da Consellería de
Educación, Universidade e Formación Profesional, deixo de novo unhas
recomendacións que nesta ocasión toman como eixe vertebrador o uso das TECNOLOXÍAS
DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN (TICs).
Indubidablemente, dentro das recomendacións
de traballo que semanalmente engadimos ás rutinas propias da casa, non podiamos
deixar á marxe o impacto das Tecnoloxías da Información e da Comunicación
(TICs), en tanto que dende que nacemos convivimos con todo tipo de equipos tecnolóxicos:
teléfono móbil, tablet/Ipad, ordenador… que integrados de xeito responsable, enriquecen
a nosa aprendizaxe.
Así pois, nun mundo sometido ao impacto
dos medios de comunicación e da alta tecnoloxía, a escola, atópase na obriga de
incorporar na súa práctica as suxestións que ambos recursos ofrecen ao posuír
unhas características e virtualidades que non deben desaproveitarse no ámbito
educativo.
Ao tempo, sabedores da necesidade de afectos, e nesta situación de
confinamento máis que nunca, o emprego do teléfono, o correo electrónico e
mesmo as videochamadas a través de APPs creadas para tal efecto, cobran
un peso significativo neste tempo.
Na nosa aula atopamos o ordenador
e o Encerado Dixital Interactivo (E.D.I) como recursos didácticos para traballar,
reforzar, consolidar e/ou ampliar contidos propios da Educación Infantil: lóxica-matemática,
lecto-escritura, grafomotricidade, as cores, nocións espaciais, temporais,
topolóxicas, musicais… ademais da consabida adquisición doutras capacidades,
competencias e habilidades máis específicas como aprender a mover de maneira
precisa o rato, sinalar, facer clic, arrastrar…
Para isto, contamos con software educativo
comercializado (que ás veces toman como eixo motivador os nosos personaxes de
ficción favoritos), xogos LIM (para traballar a lectura, comprensión, razoamento…)
e mesmo no Portal Educativo da Xunta de Galicia o Espazo Abalar que recentemente
sufreu unha actualización no seu repositorio de contidos e actividades para dar
resposta ás necesidades do COVID-19…
Alén
disto, facer mención especial a Internet e ás súas ferramentas web
2.0., onde moi posiblemente os propios nenos e nenas sexan expertos na búsqueda,
selección e emprego sistemático de diferentes enlaces de interese que poñen a
proba a súa atención e enxeño.
Familias!...
Lonxe da idea de que as TICs convértense nun medio de contaminación mental,
racionalizade o seu uso e comprobaredes como os recursos tecnolóxicos son fonte
de coñecemento, aprendizaxe e gozo… a navegar!
Agora xa, con este respiro, sentídevos fortes, con decisión e con ganas de V I V I R intensamente. Ollade o mundo con amor.
Agora xa, con este respiro, sentídevos fortes, con decisión e con ganas de V I V I R intensamente. Ollade o mundo con amor.
0 comentarios:
Publicar un comentario