Hoxe venres, como
colofón a todo o traballo desenvolto ao longo desta semana, convertemos a nosa
aula... nunha galería de arte!
Como xa vos
contaramos, este curso iniciámonos no descubrimento, identificación e
valoración do mundo da arte a través dos “Bits
de Inteligencia” que propiciaron situacións de ensinanza-aprendizaxe no que
a través da arte traballamos a atención e silenzo, a observación, a memoria
visual e auditiva...
Así pois, case
con cada lámina de arte, realizamos unha lectura espontánea, global,
descritiva, narrativa, con transposición do gravado a posibles experiencias
vividas... achegándonos á profesión de PINTOR (materiais que emprega, se coñecemos
algún, tipos...) e aos MUSEOS (espazo de ocio que serve para conservar as obras
expostas).
Siii, e que mellor que rematar esta experiencia que convertendo
a nosa aula nunha improvisada galería de arte, onde o encerado mudou as letras
e os números pola exposición das 12 láminas seleccionadas.
Hoxe non había
lugar a ficha de MUNELA, e con este ambiente tan propicio para a estimulación
da imaxinación e creatividade, reinterpretamos, como auténticos artistas, a
nosa obra favorita. Para iso, observamos, identificamos, coñecemos e
diferenciamos, -se cabe aínda con más detalle-, cores, formas, tamaños e todo
aquilo que configuraba a lámina.
Previamente, na
asemblea matinal, destacamos a nosa obra de arte preferida. Non sabemos si pola
sinxeleza das imaxes, das formas ou as cores empregadas, pero Latas de sopa de tomate de Andy Warhol e
El hombre de Vitruvio de Leonardo Da
Vinci foron as obras máis destacadas.
Uf, que complicado!... nalgúns casos as obras non son de
todo claras e non sabiamos como interpretalas; así que para estar inspirados, o
silenzo durante a actividade, máis que obrigatorio, necesario... máxima
concentración!
Indubidablemente, con esta e outras
actividades de expresión plástica, avanzamos na adicación ao debuxo libre,
invertindo un tempo de maior calidade no seu proceso, despreocupándonos do
traballo alleo, empregando para cada cousa un rotulador de cada cor, coloreando
ao xeito, sen présa…
E como nos gusta cando reunidos en
asemblea descubrimos e ollamos o que debuxou cada compañeiro e compañeira…
parabéns!
Agora xa,
explotados dabondo estes “Bits de
Inteligencia”, toca comezar moi pronto cunha nova categoría que se
converterá en toda unha... misión interestelar!... preparados en 3,2,1...
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Habría que ter unha versión de adultos para seguir o ritmo dos peques.
Necesitaríamos uns bits de inteligencia para os pais para estar a altura ...
Gran lección de arte
Publicar un comentario