Como
sabedes, o xoves 14 de febreiro, levouse a cabo a nivel de centro o simulacro de
evacuación que nos serviu para lembrar algunhas normas básicas no caso que se
produza un incendio no cole.
Vexamos
pois, que hai que facer no caso de que haxa lume na escola?... Estar caladiños,
facer máis caso que nunca aos profes e… tocar a porta!
Si,
si, tocar a porta para comprobar si está quente ou fría. E no caso de que esté
quente, saír agachados como si foramos ananiños tapando o nariz e a boca co
mandilón ao tempo que seguimos amodo na fila.
Asemade,
descubrimos e identificamos no encerado o número ao que hai que chamar en caso
de emerxencia: o 112... que doado!
Con
todo máis ou menos aprendido, a xornada do xoves comezou de xeito habitual coa
sesión de inglés e o momento de traballo individual no que seguimos avanzando
nos libros de actividades de MUNELA nun 2º trimestre que non descansa. Agora
todo resulta máis ameno e divertido coa estrea das “Plastidecor36”... cantas
cores!
Neste
senso, e xusto antes do momento da merenda, por fin escoitamos a serea que anunciaba
que o simulacro de evacuación comezaba. Non había tempo que perder e, axiña,
deixando todo o que estabamos facendo, nos dispuxemos en fila máis ou menos en
silencio para, coa bandeira de cor vermella que identifica a nosa clase, saír
ao patio de maiores e agardar polo resto de nenos e nenas de Educación
Infantil.
A pesar
da excitación producida pola serea que soaba sen parar, seguimos un a un todos
os pasos: tocamos a porta para comprobar si estaba quente, gardamos silencio, fixemos
unha fila en orde... lección aprendida e todos sans e salvos!
Esta
situación, ao tempo, permitiunos coñecer, identificar e valorar elementos
representativos dos bombeiros: funcións, labores relacionadas e indumentaria
propia (casco, máscara, botella de osíxeno...), verificando que os bombeiros
fan moito máis que apagar lume coa mangueira... impresionante!
E agora...
quen non quere ser bombeiro de maior?...
1 comentarios:
Da gusto ver cómo traballan, e como manteñen a calma e a orde ante unha situación como o simulacro.
Publicar un comentario