Hoxe pechamos o traballo a uns días
nos que as bruxas, pantasmas e esqueletes vertebraron as experiencias na nosa aula…
que intensidade!
Sabedores da expectación que
supón o Halloween-Samaín, a súa celebración
na clase xa comezou antes do previsto con torbeliños de ideas que serviron para
constatar cales eran os nosos coñecementos previos e para deixar en evidencia
as nosas necesidades de aprendizaxe sobre esta festa.
Nestas asembleas matinais, saíron algún
dos elementos máis representativos desta celebración: cabazas, pantasmas,
castelos encantados, morcegos… e FRANKENSTEIN?... Pero... quen é FRANKENSTEIN?...
SONIDOS DE MIEDO (Edit. SM) |
Este personaxe de cara verde,
cicatrices na testa e parafusos no pescozo, causou tal sensación que buscamos
imaxes no ordenador da aula, sen decatarnos, que existía-existeu un
Frankenstein de verdade; por iso, sensibilidades a parte, centrámonos nos
debuxos… quedamos estupefactos!
Evidentemente, non deixamos pasar
inadvertido este personaxe tan característico das historias de terror e
coloreamos a Frankenstein nunha actividade na que puidemos pintar, de maneira
excepcional, a letra “F” con rotulador de cor vermella… quedou unha letra
sangrienta espeluznante!
Da mesma maneira, coñecemos a
fascinante historia de ENRIQUE, unha pantasma medoñenta que, onda os seus
amigos Lucía, Jorge e Eduardo, celebraba a súa festa de aniversario de 400 anos…
case nada!
El
cumpleaños de Enrique
(Edit. Edelvives) serviu para crear un ambiente de festa que resulta tan grato
e estimulador para a aprendizaxe. Escoitámolo case a diario como recompensa: canto
rimos cos cambios de cor, cos seus medos no sotáno e coa aparición de Mimí.
EL CUMPLEAÑOS DE ENRIQUE (Edit. Edelvives) |
Conscientes da acollida desta historia,
recreamos cadansúa pantasma. Siii, sabémolo de sobra!, as pantasmas son
de cor branca!,... pero nesta ocasión, puidémolas pintar das cores que quixeramos,
xa logo na asemblea explicamos que estaban a comer en cada caso. Houbo de todo:
dende os caramelos brillantes e o refresco de menta do conto, ata limonada, amorodos
con nata e mesmo cookies con virutas
de delicioso chocolate… fantástico! E esas “UUU”…
aterradoras!
Pero ahí non quedou todo, pois ademais
de ver contadas veces a curta Pet of Drácula
(La mascota de Drácula), memorizamos,
cantamos e mimamos a canción titulada: Noche
de terror.
Tamén decoramos cadansúa carauta de
cabaza con témpera e cera. Pero… non tiñamos témpera de cor laranxa!... así que
fixemos a mistura entre a cor vermella e amarela e… tachán, problema resolto!...
Como pintamos, coloreamos e escribimos
os nosos nomes!...
Un traballo do máis completo…
parabéns!
Por outra banda, dende o centro
pediuse a colaboración das nosas familias para a achega de cabazas decoradas co
gallo desta celebración para unha exposición no hall do noso edificio: bruxas,
morcegos, zombies, Maléfica… ata unha cabaza de Frankenstein con parafusos
incorporados e a de Triki -o monstro das
galletas- que traia cookies de serie
que enseguida degustamos compracidamente… mmm!
Este curso, na exposición aprendemos a
“no tocar, solo ver”, trátanse de obras de arte, e as obras de arte… non se
poden tocar!!... Quedou claro??...
Xa hoxe venres, para darlle á xornada
un toque diferente e especial, o desenvolvemento de cada rutina estivo marcada
polo Halloween-Samaín.
Así pois, segundo o listado alfabético
do panel de ausencias e presenzas, tocóulle ser súper-encargado a ESTEBAN, pero máis que súper-encargado resultou ser… un súper-morcego! Pois excepcionalmente, logo de non ter ningún erro
no ditado de grafemas no encerado, o ditado de números fíxoo coa capucha posta…,
un detalle que quizáis non teña a maior importancia, pero ver a ESTEBAN na aula
coa capucha de morcegos foi algo que non sabemos o motivo, pero… nos deixou sen
palabras!
E aínda quedaba o mellor, un aparello
con sons de medo que nos serviu para comprobar se eramos quen de adiviñar de que
se trataba en cada caso. Algúns sons estaban doados, eran similares aos sons
que aparecen no conto de Sonidos de Miedo
(Edit. SM), pero outros… canta imaxinación!
Xa logo, no momento da merenda,
improvisamos un picnic na zona da asemblea. PAULA, HÉCTOR e outros nenos
pulsaron o aparello unha e outra vez ao tempo que o resto tentaba adiviñar... como
nos gusta facer de profe!
E para rematar, a editorial de MUNELA
agasallounos cunha piruleta de amorodo que viña nun cestiño idéntico ao dos Little Einteins… que coincidencia!
Isto e a purpurina que refregamos pola
cara foi o mellor colofón a unha semana… terroríficamente divertida! HA HA HA!...
Un saúdo e non esquezades que... o
noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario