Hoxe
venres, como colofón a unha semana na que desenvolvimos distintas actividades
relacionadas co antroido, viñemos ao cole ataviados cos nosos mellores
disfraces e complementos... foi fantástico!
Como vén
sendo habitual, as asembleas matinais convértense na mellor lanzadeira de ideas
e coñecementos previos cara un novo tema de estudo: aportamos elementos e
características do antroido, símbolos, postres típicos...
Indubidablemente,
os disfraces e accesorios ocupan un espazo privilexiado nesta celebración onde
grandes e pequenos deixamos voar a nosa imaxinación para converternos naquel
personaxe que fai que vivamos o antroido de maneira divertida e enxeñosa...
case nada! Neste senso, quen máis e quen menos tiña escollido disfrace, ou
alomenos o personaxe no que lle gustaría converterse.
Este
ambiente festivo que propicia o antroido, favoreceu distintas propostas de
traballo que nos permiten avanzar no noso proceso de maduración e
desenvolvemento.
A véspera
do antroido no cole, pintamos a carauta, reconvertida en antiface, de MUNELA. Axiña
coidamos a cor na que debiamos pintar: os cornos de cor amarela, o pelo de cor verde
escura (verde botella) e a cara de cor verde clara.
O
resultado?... 25 MUNELAS, cada unha no seu estilo... xeniais!...
Ao tempo,
e anticipando o final do antroido, achegámonos ao momento do “enterro da
sardiña”, recreando esta con plastidecor azul -a elexir- e témpera cor prata a
modo de escamas.
E así, tras
unha longa conta atrás de máis de dúas semanas, chegamos ao día, 1 de marzo, venres
de antroido no cole... que nervos!... Estabamos ilusionadísimos coa
celebración, expectantes, descontrolados...
Nunha
asemblea diferente na que un entregado DRAGÓN (MARTÍN F.), desenvolveu con
total rigorosidade as rutinas propias deste momento, aproveitamos para falar de
cada disfrace: funcións, complementos e accesorios. Non todos os días un pode
converterse en: superheroe, animal, princesa Disney...
Xa
a media mañá, no ximnasio, participamos no “Festival de Antroido” onda os
compañeiros e compañeiras de 4 ANOS B para mimar e dramatizar Chindolelé de Cantajuegos que estas
semanas ensaiamos coa profe Marta... auténticas súper-stars!
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Guapisim@s tod@s
Me encanta, están guapísimas y guapísimos.
Publicar un comentario