Este
martes 8 de xaneiro, regresamos ao cole tras as vacacións de Nadal e, aínda que
nos custará coller de novo o pulso da rutina cotiá da aula... comezamos
encantados!... este trimestre promete!...
Uf!... logo de todos estes días sen vernos, tiñamos
moito que contar, porén, esta semana as asembleas matinais duraron máis do
habitual. Neste senso, e como podedes imaxinar, se houbo unha conversa
recorrente durante estes días foron os agasallos de Nadal. Non fomos bos, fomos
boísimos; canto xoguete, canta cousa interesante... veremos senón ten que saír
máis dun da casa para poder gardar tanto xoguete: bonecas, coches
teledirixidos, kits de maquillaxe, de perruquería, de chefs..., tamén mochilas
dos nosos personaxes de debuxos animados favoritos...
Porén,
o primeiro día non había lugar a “ficha”, e unicamente reservamos un tempo para
debuxar algúns agasallos de Nadal... parabéns!
Nooon, non todo acabou aquí,… nin moito
menos! Pois para que vexades que xa metimos segunda e que
traemos as pilas cargadas, esta semana comezamos o caderno de actividades nº3
de MUNELA... fantástico!
Sen
perder detalle escoitamos o conto da unidade titulado: Munela un monstruo de lo más normal, que nos achegará ás
posibilidades de ensinanza-aprendizaxe da literatura infantil, converténdose
nun valioso recurso didáctico para o desenvolvemento lingüístico e para a
consabida adquisición de técnicas vinculadas co proceso de lecto-escritura.
Comezamos
conversando sobre os nosos
contos preferidos, dende os máis clásicos como Caperucita Roja, Los 3 cerditos ou El patito feo, ata os máis actuais como: Peppa Pig, Mickey Mouse,
Elsa e Anna de Frozen...
A través
da narración dos contos, aprendemos a escoitar, a pensar, a adquirir un primeiro código moral, a ver as cousas cos ollos da
imaxinación, estimulando a creatividade, o pensamento diverxente e o sentido
crítico.
Entre as moitíiisimas actividades que levaremos a
cabo co gallo deste centro de interese están: as actividades de comentar que nos
axudarán a asimilar o conto e a realizar unha transposión dos feitos ás
experiencias vividas, actividades de xogo dramático, representando os roles dos
protagonistas do conto, tamén actividades de creación de historias como a
ensalada de fábulas ou o binomio fantástico propostas por Gianni Rodari na súa
obra Gramática de la Fantasía (1985).
Ao tempo
destas e outras actividades e como recompensa á nosa actitude positiva durante
esta semana, avanzamos na lectura e interpretación dos “Bits de Inteligencia” de arte -axiña comezaremos unha nova
categoría-, bailamos algunha das nosas cancións preferidas -a de Robin Hood
segue causando furor-, vimos unha selección de contos no Encerado Dixital
Interactivo (EDI)..., e por suposto, gozamos do tempo de xogo libre e/ou
dirixido nos rincóns.
FAMILIAS!!...
Despois dun Nadal repleto seguro de mil e unha anécdotas cargadas de toneladas
de ilusión, maxia e fantasía, agardamos que voltedes a crer nos Reis Magos, e que
nunca esquezades que... os Reis Magos
existen!, existen no corazón de cada un dos que cren neles!...
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario