Logo dunhas merecidas vacacións de verán, voltaremos a vernos de novo o vindeiro
xoves 10 de setembro (de 11:00h. a
12:00h.) e, aínda que a moitos de nós custaranos coller de novo os hábitos
e o ritmo de traballo acadados ao longo do curso pasado, quen máis e quen menos
seguro que está desexando atoparse de novo na escola co mandilón posto... non
si?...
Este curso non se trata dun curso máis... nooon!!, xa non somos os máis pequerrechos e pequerrechas do cole,
así que deberemos dar exemplo aos nenos e nenas de 3 anos que comezan a súa
andaina no cole dos maiores. Así, ao ser xa os nenos e nenas de 4 anos, intentaremos
non chorar nas entradas, portarnos xenial en cada momento da xornada, facer o
noso traballo cotián o mellor posible... etc
Notaredes que vimos con moitas moitiiísimas ganas, sabedores de que como
non podía ser doutro xeito, as nosas familias estarán sempre ao noso carón
felicitándonos polos éxitos acadados e alentándonos a intentalo unha e outra
vez ata conseguilos... mil millóns de grazas familias!
Así pois, un curso máis, e a medida que avance o calendario escolar, iranse
sucedendo as distintas actividades e conmemoracións que marcan o curso e o
ritmo da nosa aula: as cabazas do Samaín e as castañas do magosto, compartiremos
soños e ilusións no Nadal, as máscaras e disfraces do Antroido... e moitos máis
pequenos-grandes acontecementos que vos iremos contando no noso blogue; un blogue
que con esta entrada dá por inaugurado oficialmente o curso académico 2015-2016...
preparados?
Un saúdo e non esquezades
que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario