Moitos
estamos sen palabras e preguntándonos como Papá Noel entrou nas nosas casas
para deixarnos xunto á árbore de Nadal os agasallos cos que estamos
disfrutando; senón é así, non hai de que preocuparse, xa que as Súas Maxestades
os Reis Magos de Oriente están cada vez máis cerca... Para iso, hai que lembrar
o que facer na Noite de Reis senón queremos que nos pase como a Martiño… atrévete
a soñar!
Siii...,
unha vez aberta a última fiestra do noso “Calendario de Adviento”, chocolatina
a chocolatina, chegamos ao 25 de decembro... Día de Nadal!
Así
pois, neste día tan especial, gustaríanos desexar a todos cos que compartimos
un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento das nosas vidas e
deixástedes unha pegada en nós, que nunca vos falte un soño polo que loitar, un
proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a quen
querer.
Os
nenos e nenas de 4 ANOS A deséxanvos un BO NADAL 2018 e un PRÓSPERO ANINOVO 2019
no que todos os vosos soños e desexos se convirtan en realidade.
1 comentarios:
Feliz aninovo!!!
Publicar un comentario