Convencidos que
un lector non nace, faise, este trimestre adicaremos parte do traballo a contidos
vencellados á lecto-escritura, transmitindo o valor da lectura como unha fonte
de aproximación a novos coñecementos e como unha porta aberta á fantasía.
Neste senso, son
diversas as actividades e rutinas cotiás
que presentan situacións excepcionais nas que o uso, case sistemático da
lectura e escrita, faise de obrigado cumprimento.
Así pois, nas
asembleas matinais realizamos o fichaxe de ausencias e presenzas -identificando o nome dos compañeiros e
compañeiras ausentes-, escribimos a data no encerado, ao tempo que,
recitamos as letras do abecedario para xa logo identificalas en palabras e
textos significativos,
escritura no
encerado do nome do súper-encargado
diario, así como doutras palabras como MUNELA, PABLO, BERTA...
cada actividade
impresa leva o seu título correspondente... MATEMÁTICAS séguesenos
resistindo!...
ollamos os días
da semana de PIPO, os meses do ano no tren dos aniversarios, todos os rótulos
das gabetas, rincóns e armarios...
Indubidablemente
a nosa aula convértese nun verdadeiro entorno receptor alfabético, onde a
lecto-escritura é unha aprendizaxe máis que construímos e reconstruímos a
partir dunha visión construtivista escolar.
Neste senso, a
utilización dos contos como rutina da aula, sérvenos para crear un clima de festa
que resulta tan grato e estimulador para a aprendizaxe.
Son moitos os
contos que traemos cada mañá, ás veces desesperamos porque non chega a nosa
quenda, pero paciencia, ao final todos se len... moitas veces como premio ao tempo
de esforzo na realización do traballo cotiá.
Porén, e como xa
vos contaramos, mergullados de cheo na unidade didáctica cuxo centro de
interese é a literatura infantil, hoxe venres aproveitamos parte da xornada
para debuxar os nosos personaxes de conto preferidos. Nun improvisado torbeliño
de ideas, saíron personaxes de todo tipo; dende os máis clásicos como Peter
Pan, Pinocho, Robin Hood, Carapuchiña Vermella, Blancanieves... ata os máis
actuais con princesas Disney que completamos cunha morea de corazóns... cantas
cores!
Siii, todo isto rediversifícase logo do patio, e a modo de
rutina de relaxación adicamos un tempo á lectura en gran grupo de textos
significativos, onde ás veces descubrimos a parrilla de clase dese día... moita
atención!
Agora xa o
sabedes, ler ten que ser un tempo de pracer, de diversión e disfrute, así que paciencia...
Un saúdo acompañados de lectura e non esquezades que...
o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Muy chulos todos! Q gusto ver como lo pasan!
Publicar un comentario