Ao longo
destes días, co gallo da actividade conmemorativa do Día Escolar da Non Violencia e da Paz establecida no Calendario
Escolar, achegámonos a distintos aspectos relacionados coa PAZ. Con isto, non
queremos dicir, nin moito menos, que este ámbito de acción o limitemos
unicamente a esta data, pois durante o curso traballamos en numerosas ocasións elementos
relacionados coa Educación Moral e Cívica e para a Paz.
Así, por
exemplo, a asemblea posibilita o traballo transversal desta temática no momento
en que progresivamente avanzamos na escoita activa e atenta cara os demais, respectamos
opinións alleas e cada vez máis de xeito natural, erguemos a man para falar.
Tamén cando a principio de curso consensuamos as normas que rexen a vida da
aula ou cando redescubrimos formas pacíficas e máis aceptadas socialmente para
resolver conflitos cotiáns.
Neste senso, para comezar, botamos man de todo un clásico desta data: Negros y blancos (Edit. Anaya), un conto que relata como unha encarnizada guerra entre elefantes “Negros y Blancos” non trae nada máis que morte e destrución... non perdemos detalle!
Unha vez máis, esta sorprendente historia serviunos como alicerce de reflexión nas asembleas para chegar ao centro deste concepto: a PAZ.
Día a
día, os nosos faladoiros resultaron máis froitíferos: torbeliños de ideas previa
man levantada -esta semana facíase indispensable-, relacionamos a PAZ con accións
como: “no pegar”, “recoger”, “hacer bien
la ficha”... chegando á conclusión de que a PAZ é algo máis que a ausencia
de guerra.
Asemade, preparamos
accesorios alusivos á temática para o que unha vez máis empregamos elementos,
materiais e técnicas plásticas diversas que nos amosan novas formas de
expresión e representación artística.
Comezamos
coa elaboración dunha medalla cunha pomba -símbolo por excelencia da PAZ-. A confección
deste elemento, resultou a situación ideal para iniciarnos no uso do punzón e
da táboa da picado, unha tarefa só apta para pacientes e coitados que lles
gusta facer as cousas todo o ben que saben... non foi doado!
Tamén recreamos a nosa propia pomba da paz pintando con témpera líquida e pincel o troquelado para tal efecto. Antes, en tanto que as pombas da paz son de cor branca, creamos a nosa propia cor azul clara, case case branca... Reunidos arredor da mesa do profe, observamos a cantidade de témpera de cor branca preparada para a mistura, engadindo unicamente unhas poucas cantas pingas de cor azul... removemos e... a pintar!
Xa o martes 30, día establecido na devandita conmemoración, logo do patio xuntámonos no ximnasio para facer unha roda co resto de nenos e nenas de Educación Infantil e cantar, interpretar e mimar a canción traballada durante estes días: Barquito de papel.
E así, con carautas e antefaces, chegamos ás tolerías do Antroido 2018. Case decidimos o disfrace que nos gustaría lucir a cada un o venres 9 de febreiro, será un día intenso, será un día para o recordo... preparados!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Unha gran lección e un millor final.
Gracias
Publicar un comentario