Desde esta
semana, somos letras que respiramos, fonamos e articulamos, que conformamos cos
nosos corpos e a plástica, combinándonos en palabras e mensaxes sen fin…
Tal e como
prometeramos, dentro das novidades reservadas para este trimestre está a do
“Libro dos Nomes”, un recurso que se convertirá nunha técnica de aproximación á
lecto-escritura.
O certo é, que froito do noso traballo cotiá, os
avances na lecto-escritura resultan máis que evidentes.
Así, no 1º trimestre traballamos as vogais: compuxemos
palabras que empezaran por cada unha, buscamos cada vogal no nome propio e no
dos compañeiros e compañeiras, nos días da semana, en outros textos e palabras
significativas… ata nos convertemos en letras bailando e cantando unha das
nosas cancións preferidas: La marcha de las letras de Miliki!
Xa no 2º trimestre, seguimos afianzando o
recoñecemento e, sobre todo correcto trazado, das vogais. Non todo vale, sempre
temos moooita présa e as letras
hainas que facer amodiño, ao xeitiño...
Do mesmo xeito, na asamblea matinal, comezamos o
recoñecemento das letras que compoñen o abecedario, asociando novamente, letras
a palabras e textos significativos do noso día a día.
Por outra banda, dende a volta de vacacións, no canto
do rincón da biblioteca, agora disfrutamos do encerado; momento que
aproveitamos para trazar letras, números, formas... logo, vén o debuxo, os
garabatos... estupendo!
Estas e outras actividades, axiña posibilitarán que
nós mesmos sexamos os encargados de repartir os libros de NUBA e as actividades
impresas que realizaremos nas derradeiras semanas de curso... será estupendo!
Ademais, esta semana, xogamos a identificar todas
estas letras. Non se trataban dunhas letras calquera, tratábanse dunhas letras
especiais, diferentes… as letras tiñan as nosas caras! e cadaquén tomou o corpo
da inicial do seu nome: “B” de “BRUNO”, “D” de “DANIELA”, “E” de “EVA”...
Cada día, repasamos cada lámina, coñecendo novas letras; letras que forman a escrita de palabras nos libros de NUBA; palabras
que se unirán ás nosas primeiras frases
para o vindeiro curso; e frases que descubriremos que viven nos nosos contos
favoritos cando teñamos 5 anos.
Indubidablemente, repasar seguindo a direccionalidade
correcta a letra pola que comeza o noso nome é doado dabondo, por iso, repasamos
novas letras para familiarizarnos co seu trazo, asociando a grafía a cada neno
e nena.
Chegados a este punto de traballo, o “Libro dos
Nomes”, converteuse en toda unha sensación. Contabamos con dous xogos de letras
iniciais, pero… iguais?... Nooon,
parecidas, xa que nunhas láminas aparecía o nome de cada un de nós, e noutra
non, logo… onde estarían os nosos nomes?...
A dinámica consistía en asociar as tarxetas de cada
nome á súa lámina correspondente. Para iso, debiamos fixarnos na inicial do nome
e na fotografía.
Agora xa, para a vindeira semana, unha vez entendido porque
non aparecían os nosos nomes, estas láminas sen nome, adoptarán formato de libro
pasando a formar parte do rincón da biblioteca para que disfrutemos tantas
veces como queiramos... preparados!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
3 comentarios:
O contacontos deste venres é:
- EVA: "Renato". (Edit. Kalandraka)
E asombroso!!! Coñecen xa case todas as letras. E repiten o abecedario practicamente sen erros.
E un grandioso traballo o que estan facendo estes pequenos, sempre da man dos seus mestres, claro.
Que alumnos máis aplicados hay na clase de Ricardo!!!!
Bravo por todos eles!!!!!
Un saúdo
Publicar un comentario