Como xa explicaramos, este
curso dixemos adeus a Papelote e a Papeliño e quedamos con Pascuala. Pascuala é
unha divertida ra de cor verde que, grazas ás súas antenas, pode ver cousas que
ninguén ve, como as que hai por dentro do corpo e os obxectos que están lonxe.
Pascuala atópase situada nun
lugar privilexiado da aula e en cada unidade didáctica converterase nun
excepcional alicerce que nos presentará, a través das súas aventuras, cada
centro de interese: o colexio, o outono, a familia, o Nadal, a primavera... será súper-divertido!
Queredes coñecer cal é a súa
historia?…Velaí vai un resumo!
Papelote e María non estaban contentos, estaban contentíiisimos…
Aquel día comezaba o cole outra vez e volverían ver aos seus amigos e
amigas. Xa tiñan 4 anos!
Na clase, había dous nenos novos, Fernando e Rosalía, uns irmáns
xemelgos que viñan doutro país.
Pero non todo ía ser bo, había unha mala nova: Papeplote e María só
foran ao cole deixar a caixa máxica de papeliños de cores e despedirse.
Marchaban a un lugar que estaba moi lonxe porque os pais de María, que eran
mestres, ían traballar alí.
A nova fixo que todos se puxesen un pouco tristes, pero a profe prometeulles
que, de cando en vez, falarían con eles por teléfono e mandaríanlles
fotografías.
De súpeto, preto do encerado, oíuse un ruído: “plof!, cataplof!”. Había
unha ra dentro da clase!
Pascuala, que era como se chamaba a ra, explicoulles que ela quería ser
unha nena en vez dunha ra, pero o Trasno Pillabán e a súa poesía
“convertecousas”, unicamente conseguiron facer medrar as mans, os pés e a
cabeza de Pascuala. En lugar de medrarlle o pelo a Pascuala, saíronlle dúas
antenas na cabeza que fan que os seus ollos vexan o que ninguén pode ver. Pero
o problema máis gordo foron as zapatillas, non medraran e seguían sendo moi
pequenas para os seus pés. Por todo iso, Pascuala estaba moooi enfadada… nin
era unha nena nin tampouco era unha ra.
Foi entón cando Papelote, colleu a súa caixa de papeliños, meteu as
zapatillas pequeniñas e… saíron grandes!
Pascuala mirouse no espello e, por primeira vez, sorriu de orella a
orella. Estaba tan contenta que lle pideu á profe se podía quedar no cole. A
profe lle dixo que por suposto podía quedar, pero cunha condición; Pascuala
tería que aprender a portarse ben como o resto de nenos e nenas.
Ademais de traballar o conto
nas asambleas matinais, para seguir familiarizándonos coa nosa nova mascota, coloreamos
cadanseu debuxo de Pascuala, amodiño e ao xeito. Unha única consigna, a cara, o
pescozo e as mans de Pascuala, desta vez non serían de cor carne,… senón de cor
verde!
Para acostumarnos a ir
poñéndolles “título” a cada ficha -agora, xunto coa de poñerlle o noso nome,
escribir o “título” será unha rutina máis de cada actividade-, nesta actividade
impresa aproveitamos para escribir por primeira vez o nome de PASCUALA, unha
letra de cada cor e prestando moita atención, xa que os rotuladores… non se
poden borrar!
Os resultados?... xulgade vos
mesmos!
Asemade, fixemos cadanseu
debuxo de Pascuala, unha actividade na que se viviron momentos interesantes xa
que... as ras teñen orellas?, e uñas?... As ras teñen dedos?... A estas e a
outras preguntas intentaremos dar resposta desenvolvendo un pequeno proxecto de
investigación sobre as ras e no que a colaboración das familias, unha vez máis,
será fundamental...
Os debuxos coma sempre, de
todos os tipos e para todos os gustos. Pascualas con antenas moi grandes e
puntiagudas e Pascualas con antenas pequerrechiñas que semellaban orellas.
Tamén Pascualas de mandilón e Pascualas con pantalón, con pestanas unhas e con
pendentes e beizos pintados outras… O que si quedou claro é que cada vez nos
soltamos máis á hora de debuxar e, pouco a pouco, os nosos debuxos estanse a
convertir en auténticas obras de arte... quedaron unhas Pascualas estupendas!
Ademais de todas estas
actividades, e sen esquecer que durante a xornada temos tempo para facer de
todo. Pascuala xoga un papel importante en diferentes momentos do día: no
momento da asemblea matinal e do conto, no momento do xogo libre e/ou dirixido
nos rincóns, no momento do tempo de lecer…
Sen lugar a dúbidas, Pascuala
está a cumprir o que lle prometeu á súa profe e estase portando ás mil
marabillas. Se segue así, quizáis moi pronto comece a visitar as nosas casas
para coñecer ás nosas familias… quen se apunta?
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará dos vosos
comentarios!
3 comentarios:
El próximo Viernes hará de cuentacuentos:
- DANIELA: "O monstro de Ricardo". (Edit. Kalandraka)
Seguro que este ano o van a facer de maravilla, xa teñen experiencia!
Bueno,bueno pero requetebueno!!!!!
Es que nadie va a celebrar las 20.000 visitas de "Sonrisas y Mandilones"????!!!
FELICIDAAAAAADEEEEEEEEEEEEEEEEESSSSSSS!!
Por cierto, me dijo un pajarito que el profe tiene una primita, hermanita o familiar de la rana Pascuala para el mandilón....es que no nos la va a enseñar????
Un besazo
Publicar un comentario