Esta semana,
metidos de cheo no libro de actividades nº3, onda MUNA, PABLO e BERTA visitamos
un MUSEO, espazo no que lonxe de expoñerse calcetíns de lunares -como
inicialmente coidaba MUNA-, atópanse para gozo de visitantes distintas obras de
arte: cadros, esculturas...
Co gallo
desta temática, iniciámonos na valoración da expresión plástica como elemento
indiscutible de representación e comunicación ao constituír unha das linguaxes
con maiores posibilidades de expresión que potencia o desenvolvemento da comunicación
non verbal.
A
expresión plástica constitúe, polo tanto, unha forma peculiar de comunicar
aspectos da nosa vida cotiá, empregando uns elementos, materiais, soportes e
técnicas sinxelas e ricas para desenvolver actividades que estimulan e potencian
a nosa imaxinación, curiosidade, pensamento crítico e creativo, a exploración e
experimentación, a sensación, percepción...
Así pois, como unha das novas rutinas
da asemblea matinal está o debuxo do esquema corporal do súper-encargado/a de cada día. Con esta rutina preténdese
interiorizar a imaxe mental que temos do noso propio corpo, identificando
segmentos corporais propios e alleos, así como posibilidades e limitacións, usos
e necesidades de coidado…
Non perdemos detalle!... e é que con
esta actividade consolidamos algunas das formas planas traballadas durante o 1º
trimestre, pois cada vez máis optamos por formas rectas para debuxar cabeza,
tronco, extremidades…
Empregamos para a cabeza e ollos o
círculo, para o nariz unha línea vertical, garabatos diversos, diagramas…, para
a boca un garabato e/ou diagrama -ás veces combinados-, para tronco e
extremidades calquera forma posible, as máis empregadas son o rectángulo,
triángulo, círculo… sen esquecer o pescozo e a roupa apropiada a cada
situación. Neste senso, resulta interesante comprobar a través do debuxo os
nosos gustos e preferencias, pois cadaquén decide en que situación quere ser
debuxado, hai para todos os gustos: de camiño á escola, no parque do Cantiño,
facendo un boneco de neve, co disfrace de antroido… mesmo dándolle de comer a
Pastora!
Nesta actividade, ademais, aproveitamos para
completar os debuxos con outros elementos que contribúen a dar unha visión final
de conxunto: soles, nubes, arcos da vella, herba, flores… canto detalle, canta cor!
Ao tempo, coa realización de
diferentes actividades impresas que xiran en torno á visita de MUNA ao museo,
descubrimos, identificamos e empregamos diferentes elementos, materiais e
técnicas da expresión plástica.
Ademais, nesta ocasión, trátase dunhas
actividades menos estereotipadas que de costume, onde cadaquén, dentro duns
límites establecidos, deixa voar a súa creatividade coa témpera, pincel,
rotulador, ceras plásticas e mesmo co punzón e coa táboa de picado… amodo!
Con estas e outras actividades estamos
convencidos de que quen máis e quen menos elaborará un esbozo cada vez máis
completo do esquema corporal: cabeza con ollos, nariz, boca, orellas e pelo,
tamén o pescozo, tronco e extremidades, será algo… fantástico!
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Personalmente me encanta poder estar dentro del aula, a través de este blog, para ver las actividades que hacen y lo bien que se lo pasan. Muchas gracias
Publicar un comentario