A piques
de rematar o curso e de iniciar as vacacións de verán, estes días viaxamos a
lugares tan dispares coma París, a India e mesmo China; tan só precisamos
deixar voar a imaxinación e os mellores pasaportes de viaxeen forma de Bits de
Intelixencia.
Coa
incorporación desta nova rutina á parrilla de clase, coñecemos, comprendemos,
apreciamos e valoramos criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas
que promoven un xuízo crítico e creativo da realidade próxima.
Para comezar,
partimos do MUSEO GUGGENHEIM de
Bilbao e de A ALHAMBRA de Granada,
ambos sitos en España.
Interesantes
achegas supuxeron as imaxes da TORRE
EIFFEL de París (Francia) e a PIRÁMIDE
DE KUKULKÁN de Chitchen Itza (México)... altas, altísimas, menudas
torres!...
Tamén descubrimos
que o TAJ MAHAL de Agra (India) non
é unha igrexa como pensabamos, senón un dos maiores centros turísticos deste
país e unha das marabillas do mundo... case nada!
E que na GRAN MURALLA CHINA non poden ir coches,
autobuses, motos de carreiras..., por moito que pareza unha pista de Fórmula
1!...
Neste senso, destacamos
tamén a MURALLA ROMANA de Lugo, declarada
Patrimonio da Humanidade pola UNESCO no ano 2000 e irmandada dende o ano 2007
coa GRAN MURALLA CHINA... fantástico!
A imaxe
que máis expectación e curiosidade suscitou, foi a da PONTE DOS SUSPIROS de Venecia (Italia) que no canto de estradas e
beirarrúas, vimos que Venecia está asolagada de auga: auga por todas partes.
Como actividade
final, dispuxemos os bits de intelixencia no encerado para que cadaquén recrease
aquel lugar que lle gustaría visitar estas vacacións.
Non sabemos si foi pola
sinxeleza das súas liñas, polas cores facilmente distinguibles ou polas formas
planas que agochan, pero a TORRE EIFFEL
de París e a PIRÁMIDE DE KUKULKÁN de
México foron as máis representadas, só algún valente se animou a representar o TAJ MAHAL da India ou A ALHAMBRA de Granada.
Por outra banda, esta
semana tamén aproveitamos para pechar actividades tales como a do horto e as
actividades impresas de “archivar”. O cadro que levamos para a casa e así non esquecer á nosa mascota de 4 ANOS quedou... xenial!
Así pois, o
mércores, xusto despois da asemblea, fomos coa profe de HORTO ESCOLAR recoller os produtos plantados durante o 2º e 3º
trimestre.
Este curso cunha
periodicidade quincenal, cada mércores plantamos: fabas, leitugas, repolos,
chícharos, cebolas, allos e cabazas, ao tempo que pintabamos cada alimento no
caderniño do horto que ilusionados levamos para as nosas casas. Pois ben, lonxe
de ter unha extensa colleita, unicamente levamos uns cantos chícharos e cebolas,
xa que os paxaros e demais insectos, fixeron das súas e acabaron con todo... que
mágoa!
Tamén pintamos MANDALAS, representacións gráficas que
redescubrimos en forma de actividade impresa na que pintamos con rotuladores: círculos,
cadrados, óvalos, estrelas, flores... converténdose nun orixinal mecanismo co
que relaxarnos a través das súas cores e formas.
O truco deste
fantástico exercicio co que combater o estres é non repetir a mesma cor en
celdas contiguas, ningún problema para nós pois... somos expertos en series de
cores!... estupendos resultados!...
E para rematar...
foron moitas as semanas nas que botamos a conta para ver cando rematariamos coa
visita de MUNELA, pois por fin chegou
unha vez máis a semana de CARLOTA, encargada de pechar esta actividade coa que poñeremos
o punto e final a esta andadura de 4 ANOS chea de vivencias, experiencias,
descubrimentos e aprendizaxes... que ilusión!
Un saúdo
e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario