O
paso do tempo é unha realidade e a máis dun e dunha... comezaron a caérselle os
seus primeiros dentes!...
Xa
vos contaramos a semana pasada que o venres cando estabamos no momento do
traballo obrigatorio individual, a SARA, caéuselle un dente, unha situación que
propiciou nas asembleas matinais conversas diversas especialmente relacionadas
co Ratoncito Pérez.
O
Ratoncito Pérez, é e será un dos personaxes fantásticos máis populares na vida
dos nenos e nenas de todos os tempos. Recollendo cada noite os dentes de leite
caídos e cambiándoos por diferentes agasallos.
Pero...
sabedes como o Ratoncito Pérez comezou esta costume?... Coa lectura do conto
titulado: El Ratoncito Pérez (Edit. Susaeta), descubrimos o motivo que
orixinou esta estraña e divertida costume, concedéndolle a este personaxe un
toque se cabe aínda máis máxico.
Como pode un ratiño tan pequeno cos agasallos?...
Como entra nas casas?... Como é capaz de deixar os agasallos debaixo da
almofada ou da cama sen espertarnos?...
A
estas, e a outras cuestións, intentamos dar resposta durante esta semana,
realizando, a partir da lectura do devandito conto debuxos varios que amosan a
evolución no que a expresión plástica se refire... a festa co batido de amorodo
e as escaleras da casa de Blas foron a escena máis recreada!
Asemade,
aproveitando este acontecemento inesperado, decidimos achegarnos á Educación
para a Saúde, nesta ocasión centrada nos hábitos de hixiene bucodental necesarios
para ter o sorriso máis bonito do mundo.
Así,
ANDREA durante a semana trouxo o conto en edición bilíngue de Manuela en el dentista (Edit. Buchmann)
onde descubrimos como a visita ao dentista pode ser unha emocionante aventura
na que a protagonista semella unha astronauta intergaláctica... case nada!
Tras
a lectura do conto, desenvolvemos actividades de comprensión lectora para
clarificar os feitos acontecidos e ao tempo realizamos unha transposición do
relato a situacións vividas. As aventuras e desventuras persoais na consulta do
dentista non tardaron en aparecer e, aparentemente, fomos todos e todas moi
valentes... claro que si!
Agora
xa, a vindeira semana, compilaremos todos os traballos realizados durante o
curso, ademais de decidir onde nos gustaría ir de vacacións e gozar dun
merecido tempo de descanso e diversión en familia. De seguro que os bits de
intelixencia que estamos traballando como actividades de peche, ofrecerannos algún
destino interesante que visitar...que mundo de marabillas!
Un saúdo e
non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario