Tras estes días
irregulares no que a publicación semanal de entrada no noso blogue se refire,
subsanados os problemas coas TICs e cun chisquiño de retraso, contarémosvos que
co inminente final de curso, non queda outra que ir pechando algunhas das actividades
desenvoltas durante todo este tempo.
Así pois, aproveitando
que esta semana foi a quenda de CARLOTA, -a última do panel de rutinas-, pechamos
a actividade do préstamo de biblioteca.
Esta rutina, serviunos para ilusionarnos cun ambiente propicio á lectura no
ámbito escolar e familiar, e grazas ao traballo desenvolto semanalmente
protagonizamos diversas sesións de contacontos onde, máis que nunca,
convertémonos nos protagonistas indiscutibles da asemblea.
Foron moitos os contos lidos: o dos esqueletes, de Dora, Caillou, Peppa Pig,
Trolls, Raio MacQueen...etc A pesar da consabida adquisición de técnicas
instrumentais desenvoltas a partir desta actividade, o mellor de todo foi
comprobar como xa, na segunda rolda, quen máis e quen menos se soltaba na
lectura do conto, erguendo o ton de voz, ollando ao resto do grupo e ensinando
ao tempo cada páxina que servía de fío condutor do relato argumental.
Como comentabamos, esta semana CARLOTA puxo o punto e final do préstamo de
4 ANOS e o conto escollido non podía ser outro que Chumba la cachumba (Colección Clave de Sol), o mesmo
título co que no seu momento SERGIO comezara esta actividade alá polo mes de
xaneiro.
Con esta e outras sesións de contacontos, escoitamos con atención o relato
para non perder detalle, observamos e prestamos atención ás imaxes, non
molestamos aos demais, sentamos correctamente... cada vez mellor!... cantos abrazos grupais recibimos!...
Agora xa, nas vindeiras semanas seguiremos con máis actividades de peche
como por exemplo a da visita de MUNELA... devecemos por ver rematado o
libro!... E de novo, nesta ocasión, voltará ser CARLOTA a encargada de pechar
esta actividade que tan gratos momentos nos fixo pasar onda as nosas familias.
Coa vosa guía e
supervisión está quedando unha compilación de traballos e fotografías fantástica
que unha vez integrada no rincón de biblioteca, ollaremos unha e outra vez...
sabémolo xa de memoria de tanto que o repasamos!
E sen decatarnos,
xusto no final da semana, un feito inesperado converterase nos próximos días
nunha situación excepcional coa que descubrir, identificar e valorar a
adquisición de hábitos de hixiene persoal a través do correcto cepillado dos
dentes coa axuda inestimable do personaxe fantástico do Ratoncito Pérez... a
SARA caeulle un dente mentres traballabamos!... que afortunada!...
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
2 comentarios:
Son a mama de carlota,, que bonito velos disfrutar tanto e sobre todo aprender,ojala puideramos ter un furadiño pa poder velos,, ahora queda recta final,, vaiseche votar de menos jose ricardo,,,
GRACIAS JOSÉ RICARDO, POR TODO!!!!!!
TE ECHAREMOS DE MENOS!!!!!
ÉXITOS EN TU NUEVA ETAPA, LO MERECES!!!!!
YA NOS VEREMOS, POR LUGO O POR COVAS....!!! FELICES VACACIONES!!!!
NANCY.
Publicar un comentario