Ilusionados,
antes de pechar o curso, reservamos uns días desta semana para traballar unha das celebracións organizadas cada mes de xuño na nosa cidade, siii... o Arde Lvcvs xa está aquí!
O Arde
Lvcvs, comezou a súa andadura no ano MMII ligado ao solsticio de verán cun
obxectivo primordial: rememorar a fundación da nosa cidade recreando o seu pasado
romano.
Así
pois, hai xa uns días, o casco histórico amurallado comezou a transformarse en
Lvcvs Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana, para ofrecer aos visitantes
do 30 ao 1 de xullo un completo programa de actividades.
Neste
senso, cunha motivación extra pois quen máis e quen menos xa viviu o Arde Lvcvs
de anteriores edicións, e coa axuda do Encerado Dixital Interactivo (E.D.I.), revivimos
algúns dos actos máis emblemáticos desta celebración como o desfile das
distintas asociacións pola Ronda da Muralla, identificando lugares próximos á
nosa casa.
Asemade,
como non podía ser doutro xeito, convertidos nuns auténticos deseñadores de
traxes e vestidos, descubrimos como durante estes días, as caracterizacións da
cultura romana e castrexa serán o eixo principal.
Lugo
converterase nun esceario perfecto para revivir o noso pasado a través dos
personaxes da época como os druidas, guerreiros, lexionarios, patricios,
sacerdotisas, escravos, emperadores...
Uf!... despois de ver tanto personaxe e tanta indumentaria
concentrada, non resultou doado recrear o noso disfrace ideal... había tanto
onde escoller!...
Do que
nos decatamos foi que tanto homes como mulleres levan saia-vestido, non
pantalón, algo que teriamos en conta na recreación dos debuxos.
Os resultados
desta pequena secuencia didáctica de aprendizaxe co gallo da celebración que terá lugar na
nosa cidade nos vindeiros días, materializáronse nuns debuxos aos que non lles
faltan detalle... cantas cores!... romanos con e sen capa!... de longo e de
curto!... con coroas!...
Indubidablemente,
os romanos gañan aos castrexos nas recreacións elaboradas, quedaron uns romanos
e, sobre todo unhas romanas versión 2.0. con tacóns, bolsos, maquillaxe, ombros
ao aire... etc... únicas!...
Que
corcho lateral tan bonito, así que non dubidamos en reubicar estes debuxos no
corcho central da aula unha vez repartidas as letras das nosas fotografías, quedando
de testemuña na que en setembro será xa a nosa aula de 5 anos... estupendo!
Destacar
que este curso, a ANPA do noso centro puxo en marcha no seu momento un banco de
vestimentas para que todos os nenos e nenas participen no desfile dos
diferentes colexios da cidade o domingo 2 de xuño ás 11 horas da mañá, antes de
acudir a unha nova experiencia do Circo Romano que terá lugar ás 18 horas...
fantástico!Agora
xa, antes de que o noso blogue tome un respiro para o vindeiro curso, seguide
moi atentos porque despedirase dos nenos e nenas de 4 ANOS e das súas familias
como ben o merecen, antes, toca disfrutar a estrea do recoñecemento do Arde
Lvcvs como Festa de Interese Turístico Nacional... preparados!...
Un saúdo e
non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario