Esta semana, puxemos o colofón final á Semana das Letras Galegas 2016
participando activamente nas actividades propostas a nivel de centro.
Así pois, comezamos descubrindo algúns detalles da vida e obra de Manuel
María, autor nado en Outeiro de Rei (Lugo) e ao que se lle adicaron as Letras
Galegas 2016.
Entre os elementos máis representativos da súa obra, detivémonos na lectura
e escoita da escolma de poemas recollidos na súa obra: Os soños na gaiola (Edit. Xerais), xa un libro clásico da nosa
literatura infantil.
O medio cento de poemas deste volume percorren todo o mundo infantil.
Poemas esenciais para acompañarnos no noso descubrimento do mundo, desde a
natureza e a paisaxe ata os animais, as persoas e mesmo as cousas que eles
fabrican. Poemas sinxelos para comezar a amar a poesía e achegarse ao
marabillosa e LINDA que é a nosa terra: Galicia.
Tamén, e xa o xoves, xusto antes do momento do patio, tal e como nos
prometera o profe si traballabamos ao xeito, degustamos unha deliciosa piruleta
coa que pintamos a nosa lingua de cor azul posando como auténticas celebrities no photocall disposto na entrada do pavillón sur... canto rimos!
Neste senso, recoñecer o súper-maiores
que estamos e que somos no desenvolvemento do noso traballo cotiá... traballos
de maiores que axiña terán unha excelente recompensa tamén de maiores!
Xa hoxe venres, foi o día grande das nosas Letras no cole con dous actos
que mudaron considerablemente o desenvolvemento da xornada escolar.
Comezamos ás 11:00h. nas pistas dos maiores cun concerto didáctico que
correu a cargo de Pesdelán no que
interpretaron pezas musicais do noso folklore popular.
Entre todos aprendemos a
movernos ao son de cada canción, resultando, algo case imposible seguir os
pasos da súa intérprete, así que xiña decidimos movernos por libre... uf, ía un sol!
Logo do patio, acudimos ao porche do pavillón sur para participar no acto no que coñecemos o
vídeo creado polos profes do cole sobre Manuel María no que redescubrimos,
agora tamén por medio da linguaxe de signos, novas da vida deste escritor
lucense. Que implicación ten o cole de
pouco para aquí con esta linguaxe!
Ademais, cada aula elaborou
un cartaz no que a partir do poema de Manuel María titulado: “Galiza”, recreou un mensaxe que lle
transmitise ese texto e que comezase precisamente co seu título.
No noso caso, tivémolo doado,
lido o poema e valorando distintas aportacións, decidimos plasmar a partir da
escrita espontánea: “GALICIA... CADA DÍA MÁIS LINDA!” Siii, partimos non dun texto poético de Manuel María, senón dunha
canción de sobra coñecida por moitos de nós e que non deixa de soar nas
verbenas populares interpretada polo dúo Pimpinela... exacto!
Pintamos seguindo unha serie de cores dada as letras de GALICIA. Logo, co
punzón e coa táboa de picado, EVA, NAIARA, SABELA RG e XIMENA desprenderon amodiño
sen présa cada letra.
Compuxemos o título na parte superior a partir destas letras móbiles.
Escribimos a partir da escrita espontánea... foi o turno de MIGUEL!
Por último, creamos unhas flores co dedo impregnado en témpera a partir
das nosas fotografías seguindo a serie de cor de cada letra. E como toque
final... purpurina, moita purpurina!
Neste senso, as encargadas de dicir o noso cartaz ao resto de nenos e
nenas do cole, logo dun intenso proceso de casting
foron EVA e SABELA RG. Resultou complicado, só querían falar polo micrófono
YAIZA e GAEL, pero non, eles xa foran os encargados no Día Escolar da Non
Violencia e da Paz, así que era a quenda doutros. Os nervos puideron con ambas
e timidamente finalmente puídose escoitar: “Galicia...
cada día máis linda e máis bonita!”.
E para rematar, xa na clase, que mellor que liberar tensións ao ritmo de
Pimpinela: “Galicia!!... cada día máis
linda, máis linda, cada día mellor e mellor!!...”.
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
1 comentarios:
Canto traballo, pero ao mesmo tempo moita diversión, da gusto ver como disfrutan.
Se non fora polo blogue cantas cousas nos perderíamos.
Publicar un comentario