“Si chove que
chova!”... tras un crú inverno, esta e outras expresións de resignación
foron unha tónica habitual entre as conversas cotiás dos adultos... menudo
inverno!
Como xa vos contaramos a principio de curso, unha das
rutinas que leva a cabo o súper-encargado
do día na asemblea matinal é a constatación do tempo atmosférico, asignando ao
coelliño espacial o pictograma correspondente segundo o tempo dese día
concreto. Temos o pictograma do sol, do sol con nubes, das nubes negras e por
suposto tamén o pictograma da choiva.
Así pois, estupefactos este curso, cada mañá
comprobabamos como case durante tooodas
as semanas dos meses de xaneiro e febreiro o pictograma da choiva para os 5
días da semana foi... un pleno total!
Isto non é nada, senón fose polas implicacións que
conleva que chova ou que o patio estea mollado... non podemos saír ao patio!
Unha mágoa, xa que a pesar de atopar xeitos diversos para pasar o tempo na
clase os días de choiva, a oportunidade de poder correr ao aire libre é
insuperable.
Aproveitando as posibilidades que nos ofreceu este tempo
tan pésimo durante estes meses de inverno, traballamos un dos contos cos que
nos agasallou o curso anterior a editorial Galaxia titulado “Mola que chova”.
Mola que chova. Edit. Galaxia. |
"¡Que chova e chova e non deixe de chover!" A partir deste
conto, descubrimos que, nos días de choiva, tamén é posible pasalo ben. Abonda
con ter os ollos moi abertos para descubrir que tamén pode molar que chova.
Así pois, a partir desta historia, o gato Rufo, descobre
da man de Sabela, a súa dona, as múltiples e variadas oportunidades que lle
ofrecen os días de choiva: marcar récords de salto na lama, imaxinar aos donos
de todos os paraugas que levou o vento, e ata organizar carreiras de
caracois...
Na asemblea, cadaquén aportou o seu modo de pasar o tempo
nestes días de choiva e o certo é que non perdemos a oportunidade de pasalo ben
nin nos días de choiva.
Posteriormente, hoxe 21 de marzo “Día Mundial da Poesía”,
plasmamos todas estas aportacións en debuxos cos tentamos resignarnos de non
poder ir ao parque da tirolina, andar en bicicleta ou en patinete...
... ESTAR AO CARÓN DO LUME |
... XOGO Á WII |
... ESTOU NO MUELLE DE MENTIRA |
... LEO UN CONTO NA SALA |
... XOGO CON HELENA ÁS BONECAS |
... VEXO A TELE |
Afortunadamente, e como preludio á chegada da primavera onte xoves ás 18:00h.,
o panel da constatación do tempo atmosférico mudou completamente os pictogramas
da choiva polos do sol... un sol tan agardado que criamos que se esquecera de
Rianxo. Agora ben, pasamos dun extremo ao outro, porque se antes faciamos pleno
cos pictogramas de choiva, agora fixemos pleno cos pictogramas do sol... esto
si que mola!
E por que?... Pois porque por fin puidemos saír de novo
ao patio e deixar que o noso corpo corra, rode, trepe, salte, caia... que ben o
pasamos! E a proba irrefutable deste tempo de lecer ao aire libre son os
resultados nos nosos traballos cotiás, cada vez de máis súper-maiores... estupendo...
Agora xa, ao longo desta semana recompilaremos todas as
nosas aprendizaxes acerca da vida e costumes dos indios, facéndovos partícipes
do profundo respecto destes pola natureza, así que non perdades de vista o noso
blogue...
Un saúdo e non esquezades que... o noso blog se alimentará
dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Este venres fará de contacontos:
- MENCÍA: "A voda" (Edit. Sotelo Blanco)
Esta semana incorporamos a lectura e escrita en letra enlazada en pauta do grafema /Z/.
Publicar un comentario