“os Reis Magos existen!,
existen no corazón de cada un dos que cren neles!...” e proba
irrefutable disto é a morea de situacións curiosas que vivimos este Nadal coa
visita das SS.MM. os Reis Magos de Oriente, mesmo os máis afortunados, de Papá
Noel!...
Este mércores 8 de xaneiro, regresamos ao
cole tras as vacacións de Nadal e un entregado JAVIER -era a súa quenda de súper-encargado-,
dou inicio a este 2º trimeste... comezamos encantados!
Uf!... logo de todos estes días sen vernos,
tiñamos moito que contar, porén, esta semana as asembleas matinais duraron máis
do habitual. Neste senso, e como podedes imaxinar, se houbo unha conversa
recorrente foron os agasallos de Nadal; canto xoguete, canta cousa interesante:
surtido de bonecas variadas, coches teledirixidos, kits de maquillaxe,
de perruquería..., tamén mochilas para o cole, contos, gorros e luvas... fantásticas
recreacións!
Asemade, co obxectivo de lembrar, reforzar
e consolidar algunhas das aprendizaxes desenvoltas no 1º trimestre, ao tempo realizamos
diferentes actividades impresas dos grafemas /p/, /l/, /m/, /s/ en letra minúscula
enlazada. Agora xa, a escrita en letra enlazada minúscula, será a que
empregaremos na maior parte das actividades, avanzando na súa identificación e
lectura a partir da cartilla de lectura de Letrilandia–O País das Letras.
Esta fin de semana, tocan as xemelgas N e Ñ, ninguén perdeu detalle do que lles
aconteceu na historia motivadora... alucinante!
Entre tanto, -non todo ía ser traballar-,
estes días engadimos novos materiais aos rincóns: un kit de alimentos para
o supermercado e unha alfombra como a que tiñamos en 3 ANOS para circuito de
coches. Resultou complicado compartir tanta novidade... amodo, hai que
compartir!
E na vindeira semana?... Pois rematado o
traballo de lecto-escritura programado para este inicio de trimestre, comezaremos
o caderno de actividades nº3 de MUNÍBAL... estamos expectantes!
FAMILIAS!!... Despois dun Nadal repleto
seguro de mil e unha anécdotas cargadas de toneladas de ilusión, maxia e
fantasía, agardamos que voltedes a crer nos Reis Magos, e que nunca esquezades
que... os Reis Magos existen!, existen no
corazón de cada un dos que cren neles!...
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Bendita rutina. O regalo de Reis dos pais e a volta o cole. :-)
Publicar un comentario