Olaaa, estou moooi feliz porque hoxe, a un mes de
rematar o cole, por fin me deixaron facerme cargo da entrada semanal do noso
blogue…
Nesta ocasión, non serán os nenos e nenas de 3 ANOS B os que vos conten
como foi a semana, non, esta vez, por tratarse dunha entrada un tanto especial,
deixáronme que fose eu a encargada de despedirme do blogue, das familias e dos
nenos e nenas cos que vivín un curso estupendo repleto de momentos intensos e
divertidos, moooi divertidos…
Como… que aínda non sabedes
quen son?... Son eu, NUBA, que marcha para a clase doutros nenos e nenas de 3
ANOS, xa que as “SONRISAS Y MANDILONES” do profe J.Ricardo para o vindeiro
curso convertiranse nos nenos e nenas de 4 anos e como tales, cambian de
mascota, unha amiguiña de NUBA: nin CLEMENTINA, nin LENA, nin TOTE... será MOLI!
Foron moitos os momentos vividos ao longo do curso e resulta grato
voltar a vista atrás e lembrarse daqueles nenos que con medo ao tempo que con
ilusión atravesaban por fin a porta do cole dos maiores; ese cole polo que
tantas veces por diante pasaran coa súa familia...
Xuntos mudamos as bágoas por sorrisos de tenrura e emoción co voso
primeiro Halloween-Samaín... terrorificamente divertido!
Xuntos tamén desfrutastes dunha xornada de xogos cooperativos arredor da
castaña CATARINA e CATUXA... que mágoa que chovese!
E menuda clase de artistas, que fantástico espectáculo destes coa
recreación do CiRcUs de Nadal... aínda moi presente nas conversas cotiás!...
Ah!... e no
antroido, viaxamos ata África perfectamente ataviados para a ocasión... unha
tribo sensacional!
Agora ben, indubidablemente, se teño que quedarme co que máis me gustou da
miña estancia no cole, foi convertirme semanalmente na convidada de cada
familia: centros comerciais, o cine e o circo, festas de aniversarios a montón,
tardes de parque... ata me levaron visitar a casa de Rosalía de Castro en
Padrón!... cantos sitios novos coñecín!...
Ademais, por si todo isto fose pouco, puxéronme máis guapa que nunca
confeccionándome diversos complementos: estou feita unha súper-modelo!
Por todo isto, gustaríame dar mil millóns de grazas ás FAMILIAS pola vosa
implicación na actividade “NUBA vén á
casa” proposta dende comezo de curso, xa que non sempre é doado conciliar a
vida laboral cos traballiños que se propoñen dende a nosa aula e dende o cole, -que
non son poucos-. Coa vosa guía e supervisión quedou unha estupenda compilación
de traballos e fotografías... canta creatividade!...
Estes días ando un pouco triste, amolada; axiña remata o cole e teño que
marchar, pero... imos de vacacións e son moitas as sorpresas que nos agardan.
Como non podía ser doutro xeito, xuntos, poremos o punto final a este curso, seguide
moi atentos ao noso blogue e... contáxiate de diversión!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
3 comentarios:
O contacontos deste venres será:
- MIGUEL: "Negros e Brancos”. (Edit. Xerais)
Que rápido pasou o ano!!! o curso a piques de rematar e os nosos peques xa teñen "casi todos" 4 aniños!!
Foi un ano moi bonito, repleto de sorpresas. Ver como de repente un día escribe xa o seu nome, canta o abecedario, recita poesía de Rosalía de Castro, sabe os planetas, fala de cometas e constelacións como si nada... E así un sinfín de cousas que che alegran os días, sobre todo vendo a capacidade que teñen para aprender e o ben que o pasan no colexio, porque cada día veñen contando as suas aventuras na aula, no patio, en psicomotricidade... pero o que mais gracia me fai é que no momento en que a recollemos á saída do cole xa me di "mami, hoy el profe Ricardo no me dijo muy bonito" (ja, ja, ja...) Faime tanta gracia porque a principios de curso dixome que fixera unha ficha e o profe dixolle: "muy bonito Micaela", e eu dixenlle que moi ben, pero non era porque estivera ben, senon ó revés!!! partimonos de risa!
As cousas mais gratificantes, polo menos para min, no que a actividades ca familia se refire, foron ter a NUBA na casa toda a semana, porque o pasamos pipa! e a ficha de lectura, xunto co préstamo semanal de biblioteca, porque ves como pouquiño a pouquiño se esforzan en mellorar, ainda que a veces lles sexa difícil, pero o importante é que teñan afán de superación.
En fin, que os nosos peques xa se están facendo maiores!!!
Gracias profe J.Ricardo polo esforzo e traballo (que non sería pouco) pero sobre todo polos resultados acadados. Ben feito!!
Muchísimas gracias profe Ricardo, por enseñarle tanto a los niños y por ser tan paciente con estos pequeñajos. Mi niña quedó encanta con NUBA y contigo encantadísima. Te vuelvo a dar las gracias por todo lo que le enseñaste y lo buen profesor que eres!
Publicar un comentario