Hoxe venres 20 de decembro, chegou o tan agardado final
de trimestre, día no que levamos os materiais elaborados ao longo do trimestre
e vivimos máis que nunca a ilusión propia desta data desenvolvendo actividades
que mudaron cada xornada escolar.
Sen lugar a dúbidas, o Nadal é tempo de soños e ilusións
compartidas, a inminente chegada de Papá Noel e das SS.MM. os Reis Magos de
Oriente, propician un case permanente ambiente de maxia que evidentemente non
deixamos escapar na escola e na nosa aula.
Así, ao tempo que cada día o súper-encargado abría unha fiestra do “Calendario de Adviento”,
aproveitamos para realizar distintas actividades coas que nos achegamos a
algúns dos elementos, celebracións e costumes do Nadal na nosa comunidade.
Neste senso, diferentes actividades impresas nos
redescubriron algúns dos elementos decorativos máis representativos do Nadal: árbores,
bolas, cintas de cores e luces, moitas luces...
Nadal é tempo de agasallos e, como non podía ser doutro
xeito, Papá Noel e as SS.MM. os Reis Magos de Oriente, convertéronse nos
personaxes por excelencia propios desta data.
Como xa vos contamos noutras ocasións, con estas e outras
actividades, ao tempo que coidamos en realizar o traballo cotiá da mellor
maneira posible -sen présa e prestando atención ao traballo propio-, avanzamos
na escrita espontánea de palabras significativas; agora xa, cada vez máis
expertos na escrita en letra minúscula enlazada... que fantástico!
Siii, esta semana foi de
festa, resultou unha semana distinta na que como colofón final degustamos un
tempo de merenda na que cadaquén trouxo o seu alimento preferido, mesmo sentamos
onde quixemos... canto mellor amigo concentrado!
Ao tempo, este día foi máis aló do habitual e ao ritmo do
Just Dance 2019, creamos un ambiente
de festa inigualable,... que ben!
Xa para rematar, hoxe asistimos ao “Festival de Nadal”
organizado a nivel de centro polo alumnado dos niveis aos que lles corresponde
esta celebración, a nosa quenda será no “Festival das Letras Galegas”.
Agora, toca gozar destes días de vacacións e repoñer
forzas para un 2º trimestre que se presenta cargado de boas novas... este cole
si que mola!
Un
saúdo con sabor a turrón e a mazapán e
non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario