Como se fan os libros?... a esta e a outras preguntas, tentaremos
dar resposta co traballo do centro de interese que comezamos esta semana.
Así pois, coa lectura da historia motivadora da unidade
titulada: “Los libros mágicos de Muníbal”, descubrimos que BERTA está de
aniversario, e que para esta data especial, MUNÍBAL e PABLO queren regalarlle
un libro, o libro máis máxico que atopen... un libro máxico?
Os “libros máxicos” son como xogos que nunca rematan,
cheos de portas que agochan detrás unha sorpresa. Ou con páxinas que, ao
abrilas, crecen e crecen.
Indubidablemente, os libros contan moitas cousas:
historias inventadas, sucesos reais, aventuras trepidantes... Con eles gozamos,
soñamos, rimos e ata pasamos medo ás veces.
Ao tempo, co desenvolvemento deste centro de interese
aprenderemos que os libros nacen das ideas que teñen as persoas que os escriben.
Neste senso, os ESCRITORES son os encargados de escribir
o texto e os ILUSTRADORES son os encargados de crear os debuxos que acompañan
ao texto.
Tamén achegarémonos a outras profesións menos coñecidas: MAQUETADOR,
CORRECTOR, IMPRESOR, DISTRIBUIDOR e, moi especialmente, LIBREIRO, facendo comparativas
entre a libraría e a biblioteca.
Sabiades que os libros atópanse en diferentes
lugares?... Hai libros na LIBRARÍA, no COLEXIO, na LUDOTECA, na BIBLIOTECA...
Siii, na BIBLIOTECA existen moitos libros: libros que poden
lerse, libros que poden escoitarse e libros que poden consultarse... case nada!
Xa hoxe, venres, ÁNGEL como súper-encargado,
constatou efectivamente que o pictograma do tempo atmosférico foi o mesmo
durante toda a semana... nubes, nubes e máis nubes! Proba irrefutable que nos
atopamos na estación do inverno, surxindo conversas ben interesantes que de
cara á próxima semana vertebrarán o recoñecemento desta estación no que a
climatoloxía, actividades e indumentaria propia se refire... fantástico!
E xa como colofón final a esta primeira semana
tras a volta das vacacións de Nadal, escoitamos a historia da Doutora T e como todos
os nenos e nenas de Letrilandia-O País das Letras desexan ir ao hospital para
ser curados con xarope de amorodo, limón ou chocolate. Identificamos grafía e
son, asociamos e escribimos palabras que comezan por T, practicamos trazo no
encerado... paciencia!... MUNÍBAL tampouco sabe ler!... Sabiadelo?...
Un saúdo e non
esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario