Esta semana, ao tempo que continuamos o traballo co libro de actividades
nº3 de MUNÍBAL, reservamos un tempo para redescubrir algúns elementos e cambios
producidos coa chegada do inverno.
Así, como vén sendo habitual, atopamos nas asembleas matinais a mellor das
lanzadeiras posibles de ideas previas, evidenciando os nosos coñecementos
previos e necesidades de aprendizaxe cara a nova estación.
Neste senso, ollamos as roupas de abrigo dos percheiros, conversamos sobre
a indumentaria propia que precisamos para protexer o noso corpo contra o frío: pezas
máis grosas, uso de materiais máis cálidos, maior cantidade de roupa e accesorios
específicos desta estación (bufandas, gorros, guantes, abrigos…) recoñecendo e
asociando partes do corpo e pezas de vestir.
Asemade, e para deixar testemuña deste centro de interese, recreamos
elementos propios do inverno. Interesante empregar por fin a cor branca para
debuxar a néboa tan característica da nosa cidade, bonecos de neve e, sobre
todo, neve, moita moita neve... fantástico!
Siii,
exacto!... se algo temos claro-clarísimo, é que no inverno hai neve, moooita neve… e que podemos facer coa
neve?... Uf!, un montón de cousas:
bonecos de neve, bólas de neve, patinar, esquiar…
Tamén, por outra banda, coidamos que coa chegada do inverno aparecen nas casas
novos obxectos que nos axudan a paliar os rigores desta estación: estufas, mantas,
calefaccións... Indubidablemente, quedounos clara a necesidade de abrigarse para
evitar arrefriados, gripes, dores de gorxa… adquirindo hábitos e actitudes
relacionadas co benestar e co coidado da saúde; evitando a visita ao médico.
Ao tempo de todas estas actividades, estes días aproveitamos para gozar dun
tempo libre de expansión vital a partir dunha das nosas cancións favoritas: Robin
Hood... todo un clásico! Amodo desprazámonos polo espazo adoptando a
postura indicada en cada estrofa: cadeira, ombro, cóbado...
Agora xa, a vindeira semana, reatoparémonos cun dos nosos contos: Negros y Blancos (Edit. Anaya) cuxa
historia serviranos para conmemorar o Día
Escolar da Non Violencia e da Paz...
preparados!
Negros y blancos (Edit. Anaya) |
Un saúdo e
non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario