Como xa vos contaramos, co gallo da
celebración do Halloween-Samaín, traballamos o conto: “El cumpleaños
de Enrique” (Edit. Edelvives).
A pantasma Enrique cumpre nada máis e nada menos
que 400 anos e para celebralo prepara onda Lucía, Jorge e Eduardo unha festa de
aniversario. De súpeto, escoitan un ruído que vén do sótano...
A partir desta historia, redescubrimos, identificamos
e tentamos normalizar o medo como sentimento propio das persoas. Medo ás
arañas, ao lobo, ás bruxas... mesmo aos “delincuentes” e “gamberros”! Quedou ben
claro, o medo existe, por iso debemos poñer todo da nosa parte para superalo pouco
a pouco, pois... quen non ten algún medo?
Así pois, na véspera da celebración do Halloween-Samaín,
reservamos un momento da xornada para lembrar os rituais propios da celebración
dos aniversarios na clase.
Deste xeito, ansiosos por estrear a coroa
de súper-maiores de 5 anos na que nun lugar visible figura MUNÍBAL; GAEL,
MARTÍN C., SOFÍA e ÁNGEL desenvolveron con tino a secuencia rutinaria
establecida case dende 3 anos.
Posta de coroa, recitado e dramatización da canción
de 5 anos, e por suposto, traspaso da foto
para a tarta de 5 anos, un momento que sempre se converte en algo especial e do
que non perdemos detalle... fantástico!
Siii, exacto!... As
pequenas cousas contan cunha significatividade especial na nosa aula converténdose
en alicerces que nos fan cada día un pouco máis maiores, axudándonos a
comprender o noso pequeno-gran mundo. E aínda queda o mellor para este remate
de trimestre, equipaxe case lista e preparada para viaxar a Letrilandia: O País
das Letras... preparados?
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se
alimentará dos vosos comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario