Hoxe,
mércores 30 de novembro, puxemos o punto final a uns días cheos de cabazas,
pantasmas, morcegos e moitas historias de “medo”.
Así pois, como xa
vos contaramos, hai varias semanas que a decoración do cole mudou
considerablemente aparecendo elementos representativos desta data tales coma: pantasmas,
bruxas, esqueletes... este feito, non pasou desapercibido no momento de entrada
e expectantes descubrimos cada día un novo elemento. Corredores e pasadizos
terroríficos que converteron o noso cole... nun cole encantado!
Neste senso, para comezar,
identificamos e respectamos os medos propios e alleos, destacando que todos
eses personaxes unicamente existen nos contos, nas pelis e/ou na nosa
imaxinación... queda claro?
Ao tempo, recreamos a festa de
aniversario de Enrique coa lectura do conto: El cumpleaños de Enrique (Edit. Edelvives); unha historia que desta
vez aproveitamos para vencellar aos primeiros aniversarios do curso... moitos parabéns!
Evidentemente, tomando
como eixo motivador esta celebración, foron
moitas as actividades que realizamos para deixar testemuña desta época do ano
que tanta expectación suscita. Debuxamos personaxes terroríficos con 4 ollos, 2
brazos, caras verdes e rosa, con sangue e “cousas de guerra”... tamén recreamos
o disfrace que luciriamos este Halloween... case nada!
Por
outra banda, e por se todo isto fose pouco, dende o centro solicitouse a colaboración
das familias na decoración das cabazas. Como gozamos no noso corredor. Había
bruxas, vampiros, bebés e ata personaxes dos nosos debuxos favoritos… familias,
grazas pola vosa colaboración!
Xa logo,
máis tranquilos na aula, cadaquén recreou a súa cabaza, resultados que cada vez
amosan máis enxeño e creatividade... fantástico!
Uf!…
non pensedes que nestes días foi todo traballar, pois quedou tempo para gozar,
uns máis que outros, coa escolma de diferentes capítulos de animación adecuados
á nosa idade e propios da data; “El silbido de Frankenstein” e a canción
de “Let’s go to Halloween” de Conecta Kids e Pocoyó… resultaron un
éxito!
E para rematar...,
que mellor que vir ao cole disfrazados daquilo que levabamos anunciando había
semanas?... Esqueletes, zombies, vampiros, cabazas, bruxas... canta
variedade!... irrecoñecibles!...
Siii, hoxe tamén
houbo tempo para o traballo individual que, custodiado por as nosas figuras
solares, desenvolveuse con máis ou menos normalidade... que súper-maiores!
Sen lugar a dúbidas
isto, e a visita da profe Marta para cantar “Outono na Anexa”, foron o
mellor final posible para uns días que resultaron... terrorificamente
divertidos!...
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario