Moitos de vos estaredes aínda nerviosos e preguntándovos como Papa Noel entrou nas vosas casas para deixarvos xunto á árbore de Nadal todos os agasallos que estades disfrutando; senón é así, non vos preocupedes, xa que os Reis Magos non se esquecerán das cartas que lles entregamos persoalmente cando viñeron a visitarnos ao cole e lembrade o que hai que facer na noite de Reis senón queremos que nos pase coma a Martiño…
Neste día tan especial, gustaríame desexar a todos cos que compartín un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento da vida e deixástedes unha pegada en min que nunca vos falte un soño polo que loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a quen querer.
Deséxovos un BO NADAL e un PRÓSPERO ANINOVO 2010 no que todos os vosos soños e desexos se convirtan en realidade tal e como ocorre nos contos que tanto nos gustan.
5 comentarios:
Desde luego, este profe está en todo; Feliz Navidad para ti también y esperamos que Papa Noel se haya acordado también de ti.
Bonitos desexos! que se dupliquen para ti
bicos e felices festas
Feliz Navidad a tí también profe, seguro que Papá Noel o los Reyes te traerán muchas cosas por todo lo que nos enseñas y trabajas por y para nosotros....ah! me pasó algo increíble, después de cenar vi a Papá Noel y me acarició la cara...
muuuuuuuuuuuuuuchos besos
Paulo
Na nosa casa non ven Papá Noel porque non temos unha chimenea grande, pero a ver se o reis nos traen algo a todos/as.
Bo Nadal e Próspero aninovo.
J. Ricardo sei que ti non colles vacacións?
Aínda que non hai cole, os teus peques seguénte tendo moi presente profe e non hai día que o meu fillo non se lembre de ti. Bo Nadal!
Publicar un comentario