Un ano
máis, a nosa cidade transformouse na capital do ilusionismo dende o 1 ao 6 de
maio.
A Semana
Internacional da Maxia leva celebrándose en Lugo dende o ano 2009, e conta con
numerosas actuacións que teñen lugar no Auditorio Municipal e en diferentes
lugares, rúas e prazas. Durante estas xornadas tivemos a ocasión de gozar de
diferentes espectáculos da man de grandes magos e ilusionistas, tanto nacionais
como internacionais.
Así pois,
co gallo destas xornadas, o xoves no cole puxemos o broche final á XIV Semana Internacional de Maxia coa
visita da Escola Municipal de Música de Lugo que nos presentou a V edición dos
seus concertos didácticos.
Para comezar, os días previos desenvolvemos tarefas vencelladas coa visita: asembleas nas que identificamos algúns elementos representativos dos magos (chisteira, capa de cor negra, variña...), diferenciamos entre a variña máxica dos magos e das fadas, descubrimos trucos de maxia con cartas, coellos... procuramos imaxes na rede de magos históricos, míticos ou reais: Merlín, Houdini, Matilda, David Copperfield, Harry Potter, Gandalf,... incluso nos restou tempo para preparar unha coroa que representaba un dos trucos máis emblemáticos dos magos... canta maxia concentrada!
Xa o xoves, día do agardadísimo concerto, ataviados coa coroa elaborada, axiña acudimos ao pavillón dos maiores. Non houbo tempo para asemblea, nin súper-encargado, apenas quedou tempo para rematar o traballo establecido..., pero xa estaba todo listo... non había tempo que perder!
A Banda de Música do Concello de Lugo interpretou diferentes pezas musicais: Fantasía, Harry Potter, El Señor de los Anillos, La Pantera Rosa, Gladiator... tomando como eixo motivador a maxia.
Este concerto
didáctico, permitiunos desenvolver a discriminación auditiva, recoñecer
diferentes instrumentos musicais, valorar a música como medio de comunicación e
expresión... ao tempo que coñeciamos a actividade da Escola Municipal e Banda
de Música do Concello de Lugo.
Pero isto non foi todo, pois ao tempo que desfrutabamos destas pezas musicais, non perdemos detalle dos trucos de maxia que correron a cargo dun mago que para comezar, apareceu caracterizado do mesmísimo Harry Potter.
Partir da
maxia como elemento unificador para achegarnos á música, resultou unha
experiencia que nos permitiu valorar a capacidade de mesturar as artes
escénicas (música-maxia), participando en diversos trucos de maxia.
O mago
fixo trucos con aros de metal, tamén fixo aparecer dúas pombas de cor branca,
sacaba luces de cores onde non había nada e mesmo fixo voar unha mesa...
quedamos abraiados!... e non vimos truco por ningún lado!... fantástico
espectáculo!...
Finalmente, dado o cúmulo de situacións vividas antes-durante-despois do concerto, reunidos en asemblea comentamos as nosas impresións, valoracións e conclusións da actividade desenvolta, deixando testemuña da actividade nuns debuxos de magos e magas aos que non lles faltan detalle... quedou un corcho mÁxIcO!
1 comentarios:
Maxia...maxia é o que experimentan éste curso os nosos ratiños, que gusto da velos sair felices e ver como se divirten mentras aprenden. Gracias pola maxia de éste blog que nos acerca cada semana a actividade dos peques. A maxia existe cada día nos pequenos momentos....como sempre, gracias.
Publicar un comentario