Cuns días
nos que en Lugo se respiraba un ambiente case continuado de troula, a nosa aula
tamén se vestiu de festa... e por partida dobre!
Como
sabedes, este curso, poderemos celebrar se así o desexamos, o aniversario cun cake para compartir co resto de compañeiros
e compañeiras.
Dado o
cúmulo de experiencias que supuxo este pequeno-gran acontemento na aula,
mudando incluso a cotidianeidade da nosa parrilla de clase, farémosvos
partícipes desta celebración que coidamos vivir moitas máis veces neste curso.
Previamente,
nos primeiros días de cole, colaboramos activamente na organización dos espazos
individuais e no panel de rutinas da zona da asemblea, prestando atención á disposición
dos paneis dos aniversarios.
Neste
senso, contamos con ata 3 indicadores diferentes:
o tren
dos aniversarios cunha MUNELA maquinista e que nos serve como alicerce para
recitar e mimar diariamente o rito dos meses do ano... que son 12!...
...tamén
as estreliñas nas que organizamos as nosas fotos en cadanseu trimestre
e as
tartas que irán cambiando de número e que servirán para facer o traspaso da
fotografía do homenaxeado, polo momento da tarta de 3 anos á tarta de 4 anos. A
tarta de 5 anos deixarémola para o 2º trimestre.
Ilusionados,
expectantes e con paciencia, moooita
paciencia, un a un fomos poñendo cada fotografía no seu panel-lugar
correspondente tentando non estragala... quedou un panel de rutinas do más
completo!
En canto a
esta nova rutina, estabamos intrigadísimos do que agochaban aquelas bolsas dos
homenaxeados, incógnita que disipariamos no momento da merenda organizando unha
modesta, pero divertida festa de aniversario.
Para
comezar, e para que os homenaxeados se sentisen auténticos cumpreañeiros, a
primeira hora ÁLVARO e LOIS decoraron a súa coroa con gomets de cores e formas
variadas, escribindo o seu nome e número de anos.
Seguidamente, xa no momento da merenda, levamos a cabo o momento máis significativo da celebración: o soprado de velas,...
...tamén
a canción de aniversario en gran-grupo e o traspaso da foto dos cumpreañeiros
da tarta de 3 anos para a tarta de 4 anos... que complicado!
Resultou
un momento sensacional, todos e todas estabamos expectantes, sen perder
detalle... canto nos gusta sentir súper-maiores!
Despois,
cantamos e mimamos a canción de “Tengo 4
años” e degustamos cun manteliño improvisado con papel de cociña un anaco
de cake... estaban deliciooosos!
Xa para
rematar, os homenaxeados, -máis protagonistas incluso que o súper-encargado-, repartiron un caramelo
mastigable... perfecto, un extra!
Como vedes, as pequenas cousas contan cunha significatividade
especial na nosa aula, convertíndose en situacións excepcionais que fan sentirnos día a día un pouco máis maiores, axudándonos a entender mellor o noso pequeno-gran mundo.
Siii!!!, a
vindeira semana, mergullados de cheo neste outono marrón e amarelo que por fin
chegou, iniciarémonos na realización e uso coidado dos libros de MUNELA...
como?..., aínda non sabedes quen é MUNELA?... Pois seguide atentos ao blogue
que axiña vola presentaremos...
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
2 comentarios:
Somos conscientes de todo el trabajo que esto conlleva, por eso queríamos darte las gracias por hacernos partícipes de esta etapa tan importante para nuestra hija, de la cúal gracias a tí, tendrá muchos e impresionantes recuerdos. Un saludo y un millón de gracias. Familia Gómez Pumariño
....son todo caras sorrintes....¡que felicidad!
Publicar un comentario