Xa
estamos en decembro, rematando o 1º trimestre!...
Este mes
de decembro resulta especial no cole xa que trae variadas e divertidas sorpresas
que agardamos durante todo o ano e que, dado o cúmulo de experiencias que suscitan,
atópanse presentes nas conversas do resto do curso: a lectura de contos de
Nadal, os últimos aniversarios do ano, a merenda especial o último día de
trimestre e o “Calendario de Adviento”.
No “Calendario
de Adviento” deste curso, aparece a ilustración de Papá Noel acompañado dun paxaro,
dun oso, dun rato e dun reno que axiña coidamos que non se trataba de Rodolfo...
non ten o nariz de cor vermella!
Cada
mañá, o súper-encargado abre a porta
do día correspondente e come a chocolatina, -respectando posibles alerxias
alimentarias-, tras descubrir o debuxo que se agocha en cada caso... mmm!
Esta rutina,
un curso máis, proporciona distintas situacións de ensinanza-aprendizaxe, pois
ademais de realizar actividades de lóxica-matemática tales como contar, sumar,
restar, identificar o número do día… propicia interesantes conversas sobre esta
data tan especial.
Así, con
esta e outras actividades, descubriremos, identificaremos e valoraremos o Nadal
como feito relevante próximo á nosa vida cotiá. Para isto, partiremos de
elementos motivadores como cancións, contos, diferentes personaxes de tradición
popular, respectando e valorando, en todo caso, a diversidade como elemento
positivo e enriquecedor da persoa humana.
Porén,
a rutina do “Calendario de Adviento”, relacionarémola coa inminente chegada das
vacacións nas que levaremos para a casa todos os traballos realizados durante o
trimestre.
Uf!... aínda
resta traballo dabondo!... Nestas derradeiras semanas coñeceremos ao Panadeiro
P, ao Leiteiro L, á Señora da montaña M e á Señora do
silencio S... non hai tempo que perder!... e é que neste curso, a carta ás
Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, irá escrita en letra minúscula enlazada
para que nos traian cousas de súper-maiores...
soa xenial!
E para
comezar con esta celebración, que mellor que brillar con luz propia cos restos
de purpurina das actividades impresas... ilusiónate co Nadal!
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario