E tras a intensa semana de festas,... de novo xa no cole! Menuda primeira
semana de sorpresas e novidades!, comezaremos polo principio...
En primeiro lugar, e como non podía ser doutro xeito, as nosas festas, as
nosas súper-festas, supuxeron
interesantes conversas acerca de cales son os nosos gustos e preferencias: o
gusano, o dragón, o saltamontes, os patos... e así o expresamos nuns debuxos
cos que revivimos unhas festas que resultaron tan intensamente vividas...
Xa para comezar, e como se fose o primeiro día no cole dos maiores, sentados
na zona da asemblea lembramos algunhas das normas e rutinas establecidas o
curso pasado, ao tempo que introducimos algunha nova.
Así pois, á rutina da elección do súper-encargado
e de actividades varias vencelladas coa
lóxica-matemática e a lecto-escritura, engadimos novas tarefas: a data, os
meses do ano, a estación... axudándonos de sendos paneis incluídos xa no panel
de rutinas que preside a zona da asemblea. En forma de globo multicolor, cada
día buscaremos a data co día, número e mes para cada caso e o pictograma
correspondente a cada estación... quedaron xeniais!
Asemade, durante a semana, levamos a cabo as nosas primeiras actividades
impresas que lle serven ao profe para realizar unha primeira avaliación inicial
acerca daquilo que lembramos e do que non, e así poder actuar en consecuencia
durante as vindeiras semanas.
Esta semana centrámonos especialmente na lóxica-matemática: rodeamos,
tachamos, trazamos números e letras, coloreamos... Os resultados non defraudaron,
non estiveron mal, pero podemos facelo moito mellor... Paciencia, xa que pouco
a pouco... voltaremos a ser os de antes!
E falando de lóxica e de matemáticas, sabedes que á parrilla de rincóns do
curso pasado engadimos un novo?... Pois si, o rincón de puzzles e crebacabezas,
que contribuirá ao desenvolvemento da competencia matemática, ao tempo que nos
iniciamos en xogos de mesa como o dominó.
Ademais, tamén como novidade para este curso, agora seremos nós os
encargados de arquivar a ficha en cadanseu arquivador.
Para iso, identificado o nome na tarxeta, debemos coller ao xeito a ficha para
que o nome quede arriba e no borde da bandexa... parece doado, non si?.. pero
alomenos de momento, a máis dun lle está custando un mundo... uf!
Tamén durante esta semana creamos unha fantástica bolboreta: a bolboreta
MARIETA.
A bolboreta MARIETA substituirá ao caracol RAMÓN que crearamos en 3 anos e
nos lembrará cada día da semana o especialista e o menú da merenda establecido
segundo o caso, todo ben organizado,... estupendo!
Non pensedes que durante esta primeira semana de cole foi todo traballar, pois
o tempo adicado á celebración dos aniversarios tamén tivo cabida, e XOEL e
XIMENA, entusiasmados coa súa coroa de cumpreañeiros, sopraron as velas e
cantaron a canción dos 4 anos!... Moitos parabéns!...
Para ser a nosa primeira semana de cole, non estivo nada, pero que nada
mal... este cole si que mola!
Un saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
1 comentarios:
Moito ánimo para este novo curso! Os nosos pequerrechos xa son un pouquiño maiores e de seguro serán quen de dar un paso máis na súa autonomía persoal, ao tempo que tamén disfrutarán dese novo rincón!
Publicar un comentario