Hoxe
venres puxemos o colofón a uns días monstruosamente divertidos cheos de
cabazas, pantasmas, morcegos e moitas, moooitas
historias de “medo”.
Comezamos a
motivación desta celebración mediante un torbeliño de ideas no que destacamos
elementos representativos desta data: pantasma, bruxa, esquelete, vampiro,
castelo encantado, momia e... FRANKENSTEIN!
Pero... que é ou quen
é FRANKENSTEIN?... Pois FRANKENSTEIN é un gran home de cara verde, metade
humano, metade robot que este curso se converteu no personaxe fantástico
estrela das nosas conversas, debuxos e xogos.
Si, si, ata o
profe trouxo unha figura solar de FRANKENSTEIN que situamos onda a cabaza do
curso pasado... excelente motivación positiva!
Do mesmo xeito, a
partir das asembleas matinais aprendemos a identificar e a respectar os medos
propios e alleos dándolle a naturalidade propia, pois... quen non ten algún
medo?...
Tranquilos, non
hai de que asustarse!... bruxas, pantasmas, vampiros e demais personaxes
arrepiantes só existen nos contos, nas pelis e/ou na nosa imaxinación... queda
claro?
Ao tempo, este
curspo voltamos recrear a festa de aniversario de Enrique coa lectura dos
contos: El cumpleaños de Enrique
(Edit. Edelvives) e Sonidos de Miedo
(Edit. SM).
Asemade, o
colexio mudou a súa ambientación: corredores e pasadizos terroríficos
converteron a nosa escola nun colexio... “divino de la muerte”!
E claro, como non
podía ser doutro xeito, a porta da nosa aula tamén mudou engadindo elementos
representativos desta festa no que non podiamos esquecer a FRANKENSTEIN... quen
se atreve entrar?...
Mesmo o corcho
converteuse na morada ideal duns FRANKENSTEIN que nos serviron para traballar a
serie de dúas cores... parabéns!
Agora ben, si hai
un elemento que relacionamos claramente co Halloween-Samaín, son as
cabazas, que pintamos con cera plástica de cor verde clara ou escura e témpera
de cor laranxa... terroríficas!
Uf!…
non pensedes que nestes días foi todo traballar, pois quedou tempo de sobra
para gozar, uns máis que outros, coa escolma de diferentes capítulos de
animación adecuados á nosa idade e propios da data; “El silbido de
Frankenstein” e a canción de “Let’s go to Halloween” de Conecta Kids
e Pocoyó… resultaron un éxito!
Por
outra banda, e por se todo isto fose pouco, dende o centro solicitouse a colaboración
das familias na decoración das cabazas. Había bruxas, vampiros, bebés e ata
personaxes dos nosos debuxos favoritos… familias, mil millóns de grazas pola
vosa colaboración!
E
por fin, por fin chegou o mércores 31 de outubro, día no que viñemos ataviados
dos nosos personaxes de terror preferidos: esqueletes, vampiros, momias, bruxas
“buenas” e malas, zombies… truco ou trato?… HA HA HA!
Finalmente,
para rematar estes días de medo, que mellor que levar hoxe venres para a casa a
coroa elaborada na que pintamos un morcego con témpera de cor negra e pincel…
complicado dabondo non saírse do contorno!
Agora
xa sabedes: “Truco o trato hay que decir, y otra vez, repetir. Truco o trato hay que decir, disfruta el Halloween”.
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
1 comentarios:
Genial. Martín F no paró de hablar de Frankenstein toda la semana y tenía claro que se quería disfrazar de fantasma que dan mucho susto. Muy buena semana y divertida.
Publicar un comentario