Moitos estaredes aínda nervosos e preguntándovos como Papa Noel entrou
nas vosas casas para deixarvos xunto á árbore de Nadal os agasallos que estades
disfrutando; senón é así, non vos preocupedes xa que as Súas Maxestades os Reis
Magos de Oriente non se esquecerán de pasar polas vosas casas... son 3 e son
magos! Para iso lembrade o que tedes que facer na Noite de Reis senón queredes
que vos pase coma a Martiño…
E por fin... chocolate a chocolate... chegamos ao 25 de decembro... DÍA DE NADAL!!
Así pois, neste día tan especial, gustaríanos desexar a todos cos que
compartimos un sorriso, unha bágoa, un soño ou simplemente un momento das nosas
vidas e deixástedes unha pegada en nós, que nunca vos falte un soño polo que
loitar, un proxecto que realizar, algo que aprender, un lugar onde ir e alguén a
quen querer.
Os nenos e nenas de 4 ANOS B deséxanvos unhas BOAS FESTAS de Nadal e un
PRÓSPERO ANINOVO 2016 no que todos os vosos soños e desexos se convirtan en
realidade.
Un saúdo con sabor a turrón e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos
comentarios!
0 comentarios:
Publicar un comentario