Esta semana coas
vacacións de Nadal cada vez máis próximas, iniciámonos nunha das prácticas que propiciarán
interesantes experiencias de ensinanza-aprendizaxe ao longo do curso: o
traballo cos “Bits de Inteligencia”.
“Bits de Inteligencia”... como?... non oistedes
falar aínda deles?...
Os “Bits de Inteligencia”, resultan de gran
utilidade para estimular o cerebro, a aprendizaxe e a memoria, axudando a
adquirir novos coñecementos, a desenvolver e ampliar a linguaxe, o hábito e a
capacidade de atención, a memoria visual e auditiva, a fomentar a curiosidade e
o interese...
Así pois, estes
días convertermos a nosa aula nunha auténtica galería de arte, así que... “pasen y vean”!
Neste senso, para
mergullarnos no mundo da arte partimos do descubrimento e identificación de
obras de todos os tempos e de diferentes artistas que nos permiten realizar un
novo achegamento á linguaxe plástica.
A través desta
rutina, poñémonos en contacto con diferentes expresións artísticas, desenvolvendo
a capacidade de ampliar o noso sentido artístico, así como ofrecernos unha ampla
gama de posibilidades coas que contribuír ao desenvolvemento da competencia cultural e artística... case
nada!
Para iso, cómpre
estar ben atento, cos ollos abertos e a boca pechada para non perder detalle de
obras de artistas de renome tales como: Picasso, Leonardo Da Vinci, Miró,
Salvador Dalí, Goya..., deixando por suposto un oco ao mundo da muller na arte:
Frida Kahlo, Maruja Mallo, e mesmo Julia Minguillón nada na nosa cidade...
fantástico!
O traballo a partir
destas láminas de arte, supón coñecer, comprender, apreciar e valorar
criticamente diferentes manifestacións culturais e artísticas que promoven un
xuízo crítico e creativo da realidade. Ao tempo, día a día, aprendemos máis de
cada obra: autor, movemento pictórico, características salientables... e todo
aquilo que nos amose un coñecemento o máis completo posible das 12 obras
seleccionadas... non se nos escapa unha!
|
"Las Meninas" de Pablo Ruiz Picasso |
|
"La conversación" de Henri Matisse |
|
"Mujer en una ventana" de Salvador Dalí |
|
"Niños jugando a los dados" de Murillo |
|
"La Gioconda" de Leonardo Da Vinci |
|
"Campo de tulipanes en Holanda" de Claude Monet |
|
"La gallinita ciega" de Francisco Goya y Lucientes |
|
"El gran canal desde el palacio Balbi" de Canaletto |
|
"Las bañistas" de Pablo Ruiz Picasso |
|
"El hombre de Vitruvio" de Leonardo Da Vinci |
|
"Madre e hija delante del sol" de Joan Miró |
|
"Latas de sopa de tomate" de Andy Warhol |
|
"Persistencia de la memoria" de Salvador Dalí |
Asemade, case con
cada lámina de arte, realizamos unha lectura espontánea, global, descritiva,
narrativa, con transposición do gravado a posibles experiencias vividas... achegándonos
ao coñecemento e valoración da profesión de PINTOR (materiais que emprega, se
coñecemos algún, tipos...) e dos MUSEOS (espazo de ocio que serve para
conservar as obras expostas).
Agora xa, a
vindeira semana, a nosa aula encherase de toneladas concentradas de purpurina
para celebrar a chegada do Nadal... preparados!
Un
saúdo e non esquezades que... o noso blogue se alimentará dos vosos comentarios!
1 comentarios:
Xa oiramos falar dos bits de inteligencia pero non tiñamos nin idea do q era. Pablo xa los pediu a Papá Noel, agora xa sabemos o que é
Por outro lado xa entendemos o da purpurina
Publicar un comentario